6 oct 2011

Xoves, 6 de outubro de 2011

Despois do mal día que tivemos onte comezamos o día con propósito de enmenda e intentamos traballar moito en matemáticas.
Explicamos as propiedades conmutativa e asociativa da suma, algo que xa viramos no curso pasado pero que tiñamos un pouco esquecido.

Despois baixamos a Educación Física, e claro, atopámonos co sarxento de ferro en forma de profe...Desta seguro que escarmentamos.

Logo o profe Esteban deunos as preguntas do exame de inglés do próximo xoves, temos unha semana enteira para preparalo, como non aprobemos é para darnos unha patada no...

E Lengua tocou ditado, estamos prestando moita atención ás palabras agudas, graves e esdrúxulas e saber cando lles temos que poñer til.

Rematamos co Mandala en plástica, agora toca estudar para os exames que veñen.

2 comentarios:

mary dijo...

hola soy la madre de ludmila y me parece muy bien el blog porque como yo que estot todo el tiempo en el trabajo por lo menos aqui me puedo informar de lo que asen en el cole y las tareas que tengan desde ya muchas gracias....

Manu dijo...

Gracias a vosotros por participar y hacer que el trabajo valga la pena, a ver si conseguimos sacarle rendimiento.