19 oct 2011

19 de outubro

Letra, sílaba, palabra, oración...vainos saír polas orellas, pero parece que vai facendo efecto, hoxe xa subimos a 14 os que contestaron ben en Lengua. Despois correximos os exercicios que tiñamos pendentes, quedounos claro que o verbo é a clave para respostar a todas as preguntas.

Despois chegou Juncal, a profe de Coñe, que cada día se parece máis a "Bones" con esa manía de mirar o corpo por dentro...De todas formas, é un tema moi interesante e temos que aprender moito do funcionamento do noso corpo.

En Francés houbo algunha que outra copia, pero mola eso de saber falar de mil formas.

Acabamos o día en Lingua, mellor dito, en Xornalismo, porque mira que lle entrou a vea informadora ao profe...Iso si, hai que coidar a ortografía, non vaia ser que se malinterpreten as novas.

Mañá promete ser un gran día, imos construír pelotas de arroz en Plástica para logo facer malabares en Educación Física

No hay comentarios: