21 oct 2011

21 de outubro

Empezamos cun tema serio, debemos adquirir o compromiso de facer as tarefas. Cada día unha media de 10 alumnos/as non traen os deberes ou esquecen algún material. É unha cifra que debería facernos reflexionar. Non se trata de dramatizar, pero para avanzar necesitamos que cada un asuma a súa responsabilidade.

A primeira hora tivemos informática e parece ser que as persoas baixo aviso reaccionaron e se puxeron a traballar.

A segunda tivemos matemáticas, como sempre estamos poñendo problemas co encerado (que si non vexo porque non trouxen as gafas, que si reflexa, que a cabeza deste non me deixa ver...) o profe decidiu darnos os exercicios por escrito. Desta forma os pegamos na libreta e nos poñemos a traballar. Seguimos errando bastante nas restas con levadas, algo raro para estar en cuarto.

En música continuamos co traballo da semana anterior, ensaiando una melodía coa frauta.

E rematamos co "premio periodístico" de galego, a gañadora resultou ser Mar!

No hay comentarios: