31 may 2012

Xoves, 31 de maio de 2012

Educación Física: xogamos á indiaka, que é unha base de espuma con plumas. É u xogo de golpeo que resultou ser moi divertido.

Matemáticas: rematamos a unidade 13 e estamos a traballar as actividades finais da lección. Para casa, coma sempre, temos unha división....de 5 cifras!!

Inglés: fixemos unha manchea de exercicios de verbos.

Lengua e Plástica: estamos na Semana do Cine en Galego e vimos a película "Charlie e a fábrica de chocolate"

30 may 2012

Mércores, 30 de maio de 2012

Lengua: fixemos un ditado e despois traballamos no libro facendo actividades de repaso dos verbos. Temos que rematar na casa ese traballo (páxinas 192-193)

Coñecemento: a profe deunos as notas do exame e corriximos os deberes que tiñamos. Para casa temos os exercicios 1 e 2 da páxina 147


Francés: como non estaba o profe Anxo substituiuno Ana, que nos mandou facer unha ficha moi interesante sobre accións e cualidades.

Lingua:  corriximos o resumo e fixemos as actividades de respaso da unidade.

29 may 2012

Martes, 29 de maio de 2012


Educación Física: xogamos cunhas pelotas que teñen unhas cintas colgadas. Nos últimos minutos de clase tivemos un simulacro de evacuación do centro. Saímos de primeiros porque soamente tivemos que abrir a porta exterior do ximnasio.

Matemáticas: hoxe estudamos as toneladas e a súa equivalencia en Kg. Fixemos exercicios sobre iso. Para casa temos unha división (3965071: 9287)

Inglés: non veu o profe Esteban e no seu lugar estivo Sagrario, copiamos o exame na libreta.

Lengua: vimos los verbos acabados en -bir y -buir e hicimos ejercicios sobre ello.

Coñecemento:

28 may 2012

Luns, 28 de maio de 2012


Matemáticas:corriximos a división e os exercicios pendientes. Continuamos traballando coas unidades de medida de capacidade e masa. Para casa temos unha división (801596: 2875 =)

Lengua: explicamos o que son as frases feitas e despois estivemos facendo exercicios sobre elas.


Inglés: fixemos o exame e na primeira impresión os resultados mellorarán con respecto aos anteriores.

Lingua: corriximos os exercicios e despois os chantaxistas dos alumnos, aproveitándose do cumple do profe boicotearon a clase e houbo que facer actividades interactivas.Para casa hai que facer o resumo.

25 may 2012

Venres, 25 de maio de 2012

Informática: moitos de nós puidemos xogar porque xa rematamos o traballo, así que o pasamos en grande.

Matemáticas: estdamos as unidades de masa e capacidade; é dicir o gramo e o litro e os seus múltiplos e submúltiplos. Resultou sinxelo porque é similar ás unidades de medida. Para casa temos unha división e rematar as actividades das páxinas 168 e 169.

Música: tocamos a frauta e fixemos uns exercicios do libro.

Coñecemento: fixemos mapas pequenos coas provincias galegas, o motivo foi que no control que fixemos non acertamos nin de casualidade, e deste forma polo menos saberemos situar as provincias galegas.

Lingua: rematamos a Unidade 13; primeiro corriximos os exercicios e despois fixemos os que nos faltaban. Para casa temos que rematar as páxinas 182 e 183

24 may 2012

Xoves, 24 de maio de 2012

Segundo día de probas de Avaliación de Diagnóstico; hoxe tocou Competencia Lingüística e un Cuestionario Persoal, coma onte, o importante era ler ben as preguntas para non meter a pata.

Temos que levar un cuestionario para que os nosos pais cubran unha parte. Importante que non nos esquezamos de traelo mañá!!

23 may 2012

Mércores, 23 de maio de 2012

Hoxe foi un día especial porque tivemos as probas de Avaliación de Diagnóstico que se realizan a nivel estatal.
A primeira hora tivemos clase normal, de Lengua Española, e limos un texto titulado: "Platero y Juan Ramón". Despois contestamos a unhas preguntas e fixemos un debuxo.

Logo comezaron as probas de Avaliación de Diagnóstico; a primeira foi a de matemáticas, na que había que ler moi ben as preguntas para non meter a pata. Durou unha hora.
Despois de facer un descanso de 20 minutos fixemos a de Coñecemento do Medio e, coma na de mates, o máis importante era fixarse ben nas preguntas e nos textos que aparecían.

Rematamos o día con Lingua Galega corrixindo os deberes que tiñamos para hoxe

22 may 2012

Martes, 22 de maio de 2012


Educación Física: empregamos o freesbe para xogar ao auténtico Ultimate americano, foi divertido.

Matemáticas: rematamos os exercicios de repaso da unidade, agora soamente queda facer o exame, que será o vindeiro martes. Para casa temos unha división e rematar os exercicios da clase.

Inglés: corriximos os sete exercicios que tiñamos de deberes. Ademais, temos que facer 5 máis na casa.

Lengua: tivemos o exame, e como dixo o profe, non houbo sorpresas, as preguntas que traballamos estes días foron as que tivemos que responder.

Coñecemento: tivemos un exame de mapas.

21 may 2012

Luns, 21 de maio de 2012

Matemáticas:corriximos a división e os exercicios pendientes. Despois comezamos os exercicios de repaso porque xa rematamos a unidade. Para casa temos unha división (4796138 : 815 =)

Lengua: primeiro copiamos as preguntas do exame de mañá na libreta, despois fixemos as actividades da páxina 182, que son de repaso da unidade e nos serven para o exame.


Inglés: corriximos os deberes e copiamos máis exercicios para facer na casa.

Lingua: traballamos os tempos verbais e prestamos especial atención aos do pasado, diferenzando entre o pretérito perfecto e o imperfecto. Temos que rematar as páxinas 180 e 181.

16 may 2012

Mércores, 16 de maio de 2012

Lengua: empezamos a clase contando chistes; non, no é que estiveramos de cachondeo, senon que tocaba traballar iso, os chistes. De seguido comezamos a traballar para facer o resumo da unidade e empezar a preparar o exame que, nun principio era o martes 22 de maio, pero como coincide co de inglés o deixaremos para o luns 28 de maio.

Coñecemento: corriximos os exercicios que tiñamos para casa.


Francés: fixemos unha ficha e logo corrixímola

Linguacoñecimos algún que outro aspecto de Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

15 may 2012

Mensaxe de Luly!!


 Onte recibimos un comentario da nosa querdísima Luly, textualmente di:

Luly dijo...
hola que tal soy Luly, ya empecé el cole y tengo tres recreos. Jaja y como os va todo? os quiero
O primeiro de todo Luly, nós tamén te queremos un montón e nos acordamos moito de ti. As cousas melloraron un pouco, tanto as notas como o comportamento, nótase que está rematando o curso e algún ten medo...
Así que tres recreos eh? Menuda sorte, xa nos contarás as diferenzas entre os coles de Arxentina e os de España, un bico!

Martes, 15 de maio de 2012

Educación Física: como estamos na semana das Letras Galegas fixemos xogos populares: birlos, bolos, círculos concéntricos, zancos, xogos de precisión, xoaniña...

Matemáticas: hoxe traballamos as unidades que son maiores que o metro: o decámetro, o hectómetro e o quilómetro. Para casa temos que rematar as actividades das páxinas 160 e 161 e unha división.

Inglés: fixemos exercicios e corriximos o Activity Book Temos 7 exercicios para casa

Lengua: rematamos a unidade 13 vendo en que consiste elaborar instruccións e como se contan chistes.

Coñecemento: estivemos rematando o tema, facendo esquemas e repasando os mapas.

14 may 2012

Luns, 14 de maio de 2012


Matemáticas: empezamos a clase corrixindo o problema e a división. Despois traballamos polo miúdo o que son os milímetros e as súas equivalencias. Para casa temos que facer os problemas da páxina 178

Lengua: hoxe tocou pegarlle un repaso aos verbos e ver os tempos verbais principais: presente, pasado e futuro. O máis lioso é o pasado porque se pode facer de catro formas diferentes.


Inglés: queda pouco temario para ver, puxemos data para o exame da unidade 8.

Lingua: estivemos a traballar sobre os medios de comunicación e vimos como se empregan as abreviaturas e os estranxeirismos.

11 may 2012

Venres, 11 de maio de 2012

Informática: seguimos facendo cómics de futbolistas

Matemáticas: despois de corrixir as divisións traballamos coas unidades de medida, especialmente as que son máis pequenas que o metro. Para casa temos unha división e un problema.

Música: tocamos a canción e aprendimos unha nova.

Coñecemento: deunos tempo a facer un mapa nada máis porque baixamos á biblio a unha sesión de contacontos.

Lingua: en xeral (profe incluido) tiñamos moi poucas ganas de traballar, aínda así estivemos vendo diferentes partes dun xornal e como se estrutura unha noticia.

10 may 2012

Aplicación para mellorar a velocidade lectora

Premendo no seguinte enlace accederedes a unha interesantísima aplicación para mellorar a vosa velocidade lectora.

Cóntanos a túa experiencia nos comentarios!

http://cprmerida.juntaextremadura.net/cpr/velocidad_lectora/index.html

Xoves, 10 de maio de 2012

Matemáticas: Recibimos as notas do exame que repetimos, como non podía ser doutra forma, foron moitíííííííísimo mellores. Tamén aprendimos a sumar decimais e vimos as unidades de medida máis pequenas que o metro. Para casa temos dúas divisións.

Educación Física: o profe deunos a escoller entre ultimate e brilé, escollimos brilé e xogamos a un gran nivel.

Inglés: corriximos moitos exercicios e temos 2 máis para casa.


Lengua: hoxe tivemos unha clase especial, xa que recibimos unha charla de primeiros auxilios moi interesante, aprendimos moitas cousas e comprobamos como algunhas cousas que facemos habitualmente non están ben feitas, como limpar as feridas con alcohol ou auga osixenada.


Plástica:

9 may 2012

Mércores, 9 de maio de 2012

Lengua: empezamos corrixindo as actividades de ortografía dos verbos rematados en -ger e -gir. Logo aprendimos que as palabras que comezan por por geo- e gest- se escriben con "g". Na segunda parte da clase traballamos o Día de Europa con xogos no ordenador.

Coñecemento: fixemos un mapa político de España.


Francés: corriximos unha ficha na viñan as cores en francés

Lingua: recibimos as notas dos exames e despois empezamos a unidade 13 facendo a lectura do Santo dos Croques.

Día de Europa

No seguinte enlace atoparás actividades relacionadas coa celebración do Día de Europa:

8 may 2012

Martes, 8 de maio de 2012

Educación Física: xogamos ao "ultimate", un xogo de equipo moi divertido


Matemáticas: repetimos o exame de fraccións, que a bo seguro saiu moito mellor.

Inglés: estivemos a traducir contos. Temos tarefas para casa que o profe puxo no encerado

Lengua: corriximos os exercicios dos campos semánticos e na parte de ortografía vimos os verbos que se escriben con -ger e -gir.

Coñecemento: seguimos avanzando na unidade. Para casa temos os seguintes exercicios: p.133 (1 e 2) e p.137 (1)

7 may 2012

Luns, 7 de maio de 2012

Matemáticas: unha vez máis os exames foron unha decepción, as notas foron malas e cousas que diciamos que eran sinxelas non o foron tanto. Así que fixemos o exame na libreta e resolvimos as dúbidas que foron aparecendo. Mañá facemos outro exame parecido ao do venres.

Lengua: copiamos o esquema da unidade e explicamos e traballamos os campos semánticos. Para casa temos que rematar a páxina 175


Inglés: estamos comezando o tema 8, que é o último.

Educación Vial: tivemos a derradeira sesión, podemos dicir que foron moi proveitosas e necesarias.

Lingua: fixemos o exame da unidade 12, eran 10 preguntas e polos comentarios dos compañeiros/as, esta vez parece que as notas serán boas.

4 may 2012

Venres, 4 de maio

Informática: seguimos facendo cómics con caricaturas de famosos.

Matemáticas: fixemos o exame de fraccións.

Música: tocar a frauta e fixemos xogos motores de ritmo.

Coñecemento: fixemos o resumo da páxina 130 e os exercicios 1 e 2 da páxina 161. Temos que rematar na casa.

Lingua: o profe deunos os exames de Lengua, tamén copiamos as preguntas do exame do luns e fixemos a páxina 170.

3 may 2012

Xoves, 3 de maio de 2012

Matemáticas: copiamos as preguntas para o exame de mañá e fixemos exercicios parecidos aos do exame. Para casa temos dúas divisións e dúas multiplicacións, se as traemos mañá é un punto máis no exame.

Educación Física: xogamos unha gran partida de "brilé", o nivel de xogo foi altísimo.

Inglés: déronnos as notas do exame, foron moito mellores que as anteriores. Logo copiamos o exame na libreta


Lengua:  fixemos o exame do tema 12 e logo limos a introducción do tema 13. Non paramos.

Plástica:

Exame de matemáticas

Aí van as preguntas, desde diferentes ángulos!!


2 may 2012

Mércores, 2 de maio de 2012

Lengua: empezamos a sesión escribindo as preguntas do exame de mañá. Despois corriximos as actividades da páxina 171 e rematamos estudando as preguntas do exame.

Coñecemento: tivemos exame.


Francés:fixemos unha ficha na que había que relacionar e traballar os números.

Linguarematamos a unidade 12, fixemos exercicios de repaso.

Non hai deberes, pero temos que preparar ben o exame de Lengua!!