30 oct 2011

Tarefas

Grazas a Míriam imos recordar as tarefas que hai para esta ponte.

De matemáticas hai que rematar os problemas que empezamos o xoves.

De lingua tedes que rematar a páxina 47, que empezamos o venres.

De coñecemento tedes que estudar, hai exame.

Do resto non hai nada.

28 oct 2011

Tablas de Multiplicar

Como ya os diije, se acerca el momento de trabajar la multiplicación y la división, para eso tenemos que dominar las tablas a las mil maravillas. Este enlace os permite estudiarlas y practicar. Buen fin de semana!!

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/Tablas/TablasIE.html

28 de outubro

Para nós, facer un power point xa non é ningún segredo e iso é grazas a Tino, o profe de informática co que cada venres comezamos o día. Estamos elaborando un sobre a Festa do Marisco e está a quedar moi ben.

A segundo hora tivemos matemáticas, seguimos facendo problemas de sumas e restas. O profe dixo que o vindeiro venres hai exame e despois comezaremos coa multiplicación.

A terceira hora tocounos clase co Excmo. Sr. Director; Alfonso. Seguimos traballando coa frauta, para desgraza dos nosos pais.

O día rematou con Lingua, onde rematamos o concurso "E ti, a que lle tes medo?" e fixemos unha páxina de repaso.

Hoxe non hai fotos nin vídeos, pero tampouco foi mal día.

Anímaste a facer pelotas de malabares?

Coa inestimable colaboración da profe Juncal aprendimos a facer pelotas de malabares. Agora ensinámoslle ao mundo as nosas técnicas para conseguilo.
Non perdades detalle neste vídeo!


27 oct 2011

Gran xornada de tenis!



Quen sabe, ao mellor algún acaba facéndose famoso!

Tarefas do 27 de outubro

Non sei se estarei equivocado pero...creo que non hai tarefas.

De matemáticas non hai, de lingua tampouco...
Pode ser que haxa un exercicio de Coñecemento?

27 de outubro

Vaia día máis guai tivemos hoxe!!

A cousa comezou un pouco torcida porque o profe volveuse tolo...deunos 60 problemas de matemáticas!!!!
Iso si, eran ben fáciles.

Depois baixamos a Roland Garros, bo, a Educación Física. Xogamos grandes partidos de tenis. Incluso hai imaxes e vídeos!!
Preme na foto para ver o álbum

O día continuou con inglés, aí andamos cos verbos dalle que te pego.
Despois do recreo tocou ese exame tan fácil de Lengua, que ao final non foi tan fácil porque poñemos cada cousa...

E o día rematou en Plástica facendo as pelotas de malabares. Xa rematamos e agora toca aprender a manexalas. Iso será a vindeira semana e será en Educación Física. A ver se pasa rápido o tempo.
Para ver o álbum preme na foto

26 oct 2011

Examen de Lengua

1. ¿Qué es una letra?
2. Escribe las 27 letras del abecedario.
3. ¿Qué es una sílaba?
4. Separa en sílabas las siguientes palabras y rodea la sílaba tónica
5. Clasifica las palabras anteriores según el número de sílabas
6. ¿Qué es una palabra? ¿Qué es una oración?
7. Escribe una oración con cada una de las siguientes palabras
8. ¿Qué es es sujeto de una oración? ¿Yel predicado?
9. Separa el sujeto y el predicado de las siguientes oraciones
10. Pon tilde a las palabras que lo necesiten y explica por qué la llevan o no.

Tarefas do 26 de outubro:

Lengua: estudiar, hay examen
Coñecemento: examen el día 2
Lingua: non hai deberes
Matemáticas: 2 restas do encerado

26 de outubro de 2011

Hoy empezamos en Lengua, corregimos los ejercicios de las tildes y luego hicimos un dictado. Pero lo más importante es que el profe nos dijo las preguntas del examen de mañana. También dijo que las va a poner en el blog a lo largo del día.

Después tuvimos Coñecemento, se acerca el final de la lección y por consiguiente se acerca el examen. Tenemos que empezar a estudiar ya para después evitarnos problemas.

Los miércoles también toca francés, así que tenemos que centrarnos para saber en que lengua tenemos que hablar.

Acabamos con Lingua; el profe nos dio unos apuntes de vocabulario y después hicimos la redacción para el concurso de la biblioteca "A que lle tes medo?"

Nosotros a lo que le tenemos miedo es al examen de mañana...

25 oct 2011

Decoración de Calabazas para Halloween

Tarefas do 25 de outubro

Hoxe non hai moito traballo:

Matemáticas: dúas restas con proba

Lengua: acabar los ejercicios de las páginas 50 y 51. Estudiar porque el jueves hay examen. Las preguntas serán publicadas aquí mañana.

Coñecemento:

Si queréis hacer alguna actividad interactiva, os aconsejo que repitáis la de ayer de las restas y que trabajéis la sílaba tónica en esta página:

http://www.genmagic.net/repositorio/displayimage.php?album=search&cat=0&pos=0

25 de outubro

Martes, comezamos en Educación Física, o profe dixo que cambiamos de Unidade Didáctica e que comezamos coa "coordinación óculo manual". Non sabemos moi ben o que é, o caso é que traballamos coas raquetas de shuttleball. Nós chamámoslle tenis, que é máis fácil.

Despois subimos para traballar matemáticas, hoxe tocou repasar a propiedade asociativa e as restas con levadas. Parece que pouco a pocuo van saíndo as cousas.

En Inglés fixemos unha audición que despois tivemos que traducir.

En Lengua correximos as tarefas (tiñamos que ler un texto sobre os aboríxenes australianos) e logo traballamos as palabras llanas e as esdrúxulas.

En Coñecemento seguimos mirando cara adentro, cos aparatos circulatorio e respiratorio, correxindo todos os exercicios que tiñamos que ter feito. Por certo, á profe Juncal gustoulle moito o vídeo que colgamos no blogue.

24 oct 2011

Práctica de restas con llevadas

La actividad que os propongo para hoy es realizar restas con llevadas. Para ello debes entrar en el enlace que te pongo más abajo. Debes hacer click en todos los apartados y poner:

Duración:20

Nivel:100

Duración: abierto

Pausa:no

Luego haz click en restar y en Complejo B

Termina poniendo un comentario con el tiempo que has tardado y los errores que has tenido. Te aparece en la parte superior derecha de la pantalla

http://www.thatquiz.org/es-1

Tarefas do 24 de outubro

Matemáticas: Rematar os exercicios da clase

Lengua: leer las páginas 32 y 33 y hacer los ejercicios de la página 34. (Sólo "escribimos sobre la lectura)

Lingua: rematar as tarefas da clase.

POR FAVOR, FACEDE AS TAREFAS E NON ESQUEZADES NADA!!!!

Lembrade que hai tarefas de Coñe desde o venres.

24 de outubro de 2011

Tras a fin de semana pouco cambiaron as cousas; tarefas sen facer, olvido da mochila viaxeira, olvido de libreta... Sempre dicimos que será o último día que pasará pero esta hstoria parece non ter fin.

Comezamos en matemáticas repasando a propiedade conmutativa, a estimación de resultados e as restas con levadas. Algún que non rematou leva tarefas para casa.

Seguimos en Lengua facendo un xogo moi chulo; o profe escribía no encerado unha oración e despois a "destripabamos", primeiro lle quitamos o verbo, despois o suxeito e ao final o predicado. Ao final construimos oracións novas con cada unha desas partes.

A terceira hora non tivemos inglés, baixamos ao ximnasio a unha sesión de contacontos con Mario Tomás. Pasámolo moi ben, era moi simpático e as historias moi entretidas.


Acabamos en Lingua, traballamos os sinónimos e os antónimos, é moi fácil, non creo que nos equivoquemos no exame.

22 oct 2011

Vídeo de coñecemento

Xa que Ainhoa botoume en cara que non hai nada de coñecemento póñovos este pequeno vídeo que ten que ver coa respiración, non é unha actividade en sí, pero son 4 minutos moi interesantes.


Cómo ayudar a nuestros hijos a estudiar?



Este enlace es para los papis y mamis; muchas veces reñimos o felicitamos a nuestros hijos o alumnos en función exclusivamente del resultado y no nos paramos a pensar si el proceso de aprendizaje ha sido bueno o no. El siguiente artículo que os dejo da unas pautas muy buenas sobre como ayudar a nuestros hijos a evitar el tan temido fracaso escolar. Para leerlo pulsad sobre la imagen.

Pulsando aquí accederás a otro artículo con la misma temática.
Espero que os gusten.

21 oct 2011

Ejercicio de lengua

Si después de completar este ejercicio te equivocas poniendo tildes....

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/lengua/popup_fullscreen.htm

Actividade de inglés

Aquí tedes unha pequena actividade para practicar o verbo "to be". Non vos levará nin 5 minutos

http://www.saberingles.com.ar/curso/lesson01/06.html

21 de outubro

Empezamos cun tema serio, debemos adquirir o compromiso de facer as tarefas. Cada día unha media de 10 alumnos/as non traen os deberes ou esquecen algún material. É unha cifra que debería facernos reflexionar. Non se trata de dramatizar, pero para avanzar necesitamos que cada un asuma a súa responsabilidade.

A primeira hora tivemos informática e parece ser que as persoas baixo aviso reaccionaron e se puxeron a traballar.

A segunda tivemos matemáticas, como sempre estamos poñendo problemas co encerado (que si non vexo porque non trouxen as gafas, que si reflexa, que a cabeza deste non me deixa ver...) o profe decidiu darnos os exercicios por escrito. Desta forma os pegamos na libreta e nos poñemos a traballar. Seguimos errando bastante nas restas con levadas, algo raro para estar en cuarto.

En música continuamos co traballo da semana anterior, ensaiando una melodía coa frauta.

E rematamos co "premio periodístico" de galego, a gañadora resultou ser Mar!

Tarefas do 21 de outubro

Matemáticas: rematar a ficha de traballo da libreta

Lengua: no hay deberes

Lingua:

Coñecemento do Medio:  pax:23 el 1,2,3 pax: 25 el 2,3,6 menos mal que me di cuenta.

Inglés: non hai deberes

20 oct 2011

20 de outubro de 2011

Comezamos este novo días coas notas de Matemáticas; e coma sempre, hainas para todos os gustos. O profe dixo que imos seguir traballando a mesma materia porque non lle parece normal que suspenderamos 10 alumnos. Así que outras dúas semanas facendo sumas e restas...

En Educación Física traballamos cos bancos suecos, o que máis nos gustou foi o xogo dos "cazabolboretas", aínda que o de carretar a outro nos bancos tamén estivo ben.

En inglés comezamos co verbo To have got, temos que estudialo desde o primeiro día.

En Lengua continuamos cos tiles e coa oración, un día máis, a clave estaba no verbo.

E acabamos o día con Plástica, fixemos bólas para malabares con globos e arroz, deixamos algunha imaxe do proceso.
Na sesión da próxima semana faremos fotos de cada un dos pasos que temos que seguir para facer as bólas


Concurso periodístico

Alguén sabe o que pasou no muíño de Meaño?

Os intrépidos reporteiros de 4ºB desprazáronse ata a zona para averigualo. Agora teñen que redactar unha nova que chegue a todo o mundo.

O gañador/a terá o privilexio de publicar a nova no blog ademais de ganar un premio de 200€.

Asolución, mañá.

Tarefas do 20 de outubro

Matemáticas: operacións e repasar as propiedades conmutativa e asociativa

Lengua: no hay deberes

Lingua: periodismo de investigación. "Que pasou nun muíño de Meaño?"

Coñecemento do Medio: páxina 21, exercicios 1 e 2

Inglés: non hai deberes

19 oct 2011

Actividad de Lengua

Ya que no hay deberes de Lengua os pongo esta actividad que tiene que ver con lo que estamos trabajando, el sujeto y el predicado de las oraciones. Es una actividad muy útil, de verdad. Al terminarla enviad comentarios para saber si os ha gustado.

http://roble.pntic.mec.es/msanto1/lengua/1oracion.htm

Antes de las actividades hay un poco de teoría, que tampoco viene mal leerla

19 de outubro

Letra, sílaba, palabra, oración...vainos saír polas orellas, pero parece que vai facendo efecto, hoxe xa subimos a 14 os que contestaron ben en Lengua. Despois correximos os exercicios que tiñamos pendentes, quedounos claro que o verbo é a clave para respostar a todas as preguntas.

Despois chegou Juncal, a profe de Coñe, que cada día se parece máis a "Bones" con esa manía de mirar o corpo por dentro...De todas formas, é un tema moi interesante e temos que aprender moito do funcionamento do noso corpo.

En Francés houbo algunha que outra copia, pero mola eso de saber falar de mil formas.

Acabamos o día en Lingua, mellor dito, en Xornalismo, porque mira que lle entrou a vea informadora ao profe...Iso si, hai que coidar a ortografía, non vaia ser que se malinterpreten as novas.

Mañá promete ser un gran día, imos construír pelotas de arroz en Plástica para logo facer malabares en Educación Física

Tarefas do 19 de outubro

Matemáticas: repasar as propiedades conmutativa e asociativa

Lengua: no hay deberes

Lingua: periodismo de investigación. "Que pasou nun muíño de Meaño?"

Coñecemento do Medio: páxina 21, exercicios 1 e 2

Inglés: 4 exercicios do encerado

Plástica: IMPORTANTE!!  Para a elaboración de pelotas de malabares é fundamental traer:
- 12-15 globos normais
- 1 kg de arroz
- A boquilla dunha botella para empregar como funil

18 oct 2011

Usa el Coco

Aquí tes unha actividade interactiva para esta tarde. Entra no seguinte enlace e atoparás divertidas actividades matemáticas. Aconséllote que vaias a "problemas" e dentro deles que premas en "revoltijo de problemas". Despois deixa o teu comentario, a ver que che pareceu.

http://www.usaelcoco.com

Matemáticas: repasar as propiedades conmutativa e asociativa

Lengua: rematar páxina 53 e estudar letra, sílaba, palabra e oración.

Lingua: traer unha nova dun xornal

Coñecemento do Medio: páxina 25, exercicios 1 e 2

Inglés: 4 exercicios do encerado

18 de outubro

Educación Física: estamos a traballar a respiración, aprendendo que hai diferentes ritmos e debemos adecuar a respiración ao tipo de exercicio que estamos a facer. Todo isto con xogos de pilla, de carreiras...

Lengua: empezamos con "miniexamen", hoy los resultados fueron algo mejores, pero muchos aún siguen sin saber el significado de letra, sílaba, palabra y oración.

Inglés: hoxe déronnos as notas...Mmmmm, temos que prestar máis atención, é a conclusión.

Matemáticas: hicimos el examen, no fue ni fácil ni difícil, simplemente nos preguntó lo que hacemos en clase y lo que estaba ayer en el blog.

Coñecemento do medio: seguimos explorando o corpo humano, agora tocan os aparatos respiratorio e circulatorio. Cantas cousas temos por dentro...

17 oct 2011

Tarefas do 17 de outubro

Matemáticas: estudar o exame de mañá. Ver as preguntas no blog

Lengua: rematar páxina 52 e estudar letra, sílaba, palabra e oración.

Lingua: traer unha nova dun xornal

Coñecemento do Medio: páxina 19, exercicios 1,2 e 3.

Hoxe non hai actividade interactiva xa que temos que dedicar todo o tempo aos exames.

17 de outubro

Comeza semana nova, pero hai cousas que non cambian.
En Lengua seguimos co mesmo: letra, sílaba, palabra, oración...15 de 20 non soubemos contestar ao "miniexame". Mañá repetimos, a ver se nos poñemos a estudar. Ademais vimos o que son o suxeito e o predicado dunha oración.

En Matemáticas correximos moitos dos exercicios que fixemos na "maratón". Mañá hai exame e o profe dixo que vai poñer aquí as preguntas antes das catro da tarde. A ver se cumple. De todas formas, xa nos dixo na clase os exercicios do libro que máis se parecen aos do exame.

En Inglés estivemos facendo o exame na libreta, parece que as notas que se avecinan non van ser moi boas a xulgar pola cantidade de erros que cometimos. A quen se lle ocorre poñer "ai am, yu ar, xi is, ji is...."
Ás veces non pensamos moito o que escribimos.

Rematamos o día falando do que fixemos o sábado, que eran as tarefas que tiñamos en Lingua; estamos aprendendo a redactar e a cousa non vai mal de todo. Hoxe vimos outro tipo de redaccións, fixemos novas, como os xornalistas, con iso das "w". Algún seguro que xa sabe o quere ser de maior.

14 oct 2011

Actividade interactiva

Aí a tedes, unha actividade útil. Son problemas de sumas e restas. Se vos aburrides podedes facer algunha das que fixemos os outros días. Vedes que escribo frases curtas. Ao rematar a idea poño punto. Non vos enredo máis. Disfrutade do xogo.

http://www.interpeques2.com/trabajos/actividades/problemasmenu.htm

Tarefas do 14 de outubro

Matemáticas: rematar ata a páxina 41. O que leve moitos exercicios significa que non aproveitou en exceso o tempo na clase.

Coñecemento do Medio:

Lingua: escribir un pequeno texto sobre o que fixen o sábado.

As actividades interactivas serán colgadas pola tarde. Tamén haberá algo para os pais e nais.

14 de outubro

Xa estamos outra vez de fin de semana...Pero antes imos contar o que fixemos hoxe no cole.
En Informática estivemos facendo outra ficha de traballo. Aprendimos que en word hai unha aplicación que permite facer títulos con letras moi chulas.

Despois en matemáticas seguimos facendo exercicios a un ritmo frenético, mentres o profe pasou polas mesas para correxir os de onte nós seguimos traballando duro. A semana que ven temos exame e hai que sacar boa nota!

Baixamos a Música e afinamos as frautas coa arte que nos caracteriza, estamos practicando unha bonita canción.....da que non sabemos o nome.

Logo tivemos Coñecemento do Medio, empezamos un novo tema e despois das notas do exame seguro que imos poñer máis interés para que non se volva repetir.

Acabamos o día en Lingua; fixemos unha "exposición". Co que aprendimos esta semana sobre as oracións agora intentamos redactar textos pequenos de forma clara e ordeada.

13 oct 2011

13 de outubro

Día fácil de resumir; en mates temos que facer "maratón" de exercicios. Comoxa explicamos todo sobre a suma e a resta o profe di que hai que facer exercicios...el saberá. De aquí ao luns temos que facer as páxinas 38, 39, 40 3 41.

En EF fixemos todo tipo de exercios por parellas: carretiñas, arrastrámonos, carreiras co compañeiro agarrándome, pulsos cos pés...pasámolo ben.

En Lengua seguimos con iso de subliñar e remarcar os apuntes, despois estivemos facendo exercicios interactivos co proxector.

E si, por fin tivemos o exame de inglés, en breve coñeceremos os resultados.

Tarefas do 13 de outubro

Matemáticas: como tenemos que hacer de aquí al lunes las páginas 38, 39, 30 y 41 podemos ir haciendo alguno en casa. Hoy en clase deberíamos haber hecho la 38 entera y la mitad de la 39.
Y como no hay nada más (Inglés y Coñe acabamos de hacer  los exámenes y de Lengua y Lingua tampoco tenemos nada os dejo trabajo interactivo
Ejercicio de ortografía de tildes
http://www.aplicaciones.info/ortogra/ofrase12.htm

12 oct 2011

Otra página con actividades interactivas

  • Aplicaciones Didácticas
    Ejercicios interactivos para todas las áreas

    Buceando por la red encontramos esta nueva página con muuuuuchas cosas para trabajar, pasa a formar parte también de "Recursos Educativos"

11 oct 2011

Tarefas do 11 de outubro

Inglés: ESTUDIAR, ESTUDIAR Y ESTUDIAR. Por enésima vez, el jueves hay examen.

Lengua: ejercicios 6 y 7 de la página 39.

E de regalo, como premio polas "boas" notas do exame de coñe, propóñovos este xogo sobre o aparato dixestivo, preme no enlace para acceder a el.
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/pizarradigital/AparatoDigestivo/inicio_cm.html

Martes, 11 de outubro

Hoxe comezamos polo final, a última hora tivemos Coñecemento do Medio. Recibimos a nota do exame e...13 suspensos e 7 aprobados, agora que estamos coas sílabas podemos dicir que é IN-AD-MI-SI-BLE. Temos que poñernos a pilas xa. Esperemos que sirva de aviso e a que partir de agora as cousas melloren.

Antes de recibir esta nova tivemos un día bastante bo; en matemáticas seguimos coas operacións combinadas e a maiores traballamos as estimacións de sumas e restas.

En Lengua, ademais de traballar a oración estivemos aprendendo a estudar. O profe ensinounos a subliñar, a buscar as palabras máis importantes, e remarcar os títulos...Di que así nos será máis sinxelo.

En Inglés seguimos preparando o exame, o xoves é o gran día e esperamos non fallar.

Non me esquezo, tamén houbo EF, pero como había unha concentración cunha pancarta, pais na porta, o profe sacando fotos...tivemos unha sesión tranquiliña e eleximos os xogos que queriamos facer. Molou.

10 oct 2011

Luns, 10 de outubro

Comezamos outra semana, e comezámola ben, traballando duro.

En mates correximos as tarefas pendentes de operacións combinadas, e o profe revisou as libretas, díxonos como temos que facer para que estean máis limpas e ordeadas. Repite moito iso de que temos que coller gusto por facer ben as cousas.

En lengua pegamos novos apuntes na libreta, son de gramática e corresponden a toda esta avaliación. Dimos un pasiño máis e despois das letras, sílabas e palabras medramos ata as oracións.

En inglés, SOAMENTE 5 ALUMNOS/AS trouxemos as tarefas...non é unha boa forma de comezar a preparar un exame, a ver se hoxe reaccionamos e facemos os 2 exercicios que temos.

A última hora do día foi de lingua, fixemos un ditado e despois traballamos os sinónimos e os antónimos con palabras dese ditado. Tamén nos deu tempo a seguir coas palabras agudas, graves e esdrúxulas...Xa se nos escapan menos os tiles!!

Tarefas do 10 de outubro

Inglés: ejercicios del encerado (recordad que hoy sólo cinco alumnos han traído los deberes)
Matemáticas: acabar los ejercicios
Lengua: terminar los ejercicios de clase
Lingua: non hai tarefas

Y si terminas los deberes, puedes retar al señor Pi a una carrera de matemáticas, éste es más difícil que los de la semana pasada eh!
http://www.supersaber.com/carreraSumaResta.htm

8 oct 2011

Para os peques

Queredes pasar un ratiño repasando as táboas de multiplicar ao mesmo tempo que xogades aos marcianiños?
Premede aquí para acceder ao xogo.
As instruccións son moi sinxelas:
a) move a nave co cursor
b) Dispara coa letra "B" se a operación é correcta e coa "M" se a operación é incorrecta.
Non deixes nin unha!

Para os papis e as mamis

Aínda que os protagonistas do blog son os nenos, de cando en vez faremos que os pais/nais teñades tamén o voso espazo.
O primeiro que vos deixamos é un pequeno vídeo que debería facernos pensar un pouco sobre o que temos e ás veces non valoramos:

O seguinte é un interesante artigo sobre os efectos da lectura sobre o noso cerebro, podedes lelo premendo aquí.

7 oct 2011

Tarefas, 7 de outubro

Matemáticas: página 34, ejercicios 1 y 2. Empezamos en clase pero no dio tiempo para terminarlos
Lengua y Lingua: terminar ejercicios de Lingua y, por favor, repasar los conceptos de letra, sílaba y palabra.
Coñecemento: non hai tarefas
Inglés: estudar (as preguntas do exame están máis abaixo) e tarefas do encerado

Venres, 7 de outubro de 2011

Por fin chega o venres!
A primeira hora tocou Informática, mola eso de traballar cos ordenadores, fixemos carteis para a Festa do Marisco.
Despois Matemáticas; repasamos as propiedades conmutativa e asociativa, correximos os exercicios e aprendimos a facer operacións combinadas, que, por certo, son bastante divertidas.
Logo baixamos outra vez, neste caso para ir a Música, que tamén nos gusta moito.
Despois do recreo tivemos o exame de Coñecemento, non podemos dicir que era difícil, pero xa veremos os resultados.
Resultados os que recibimos en Lingua Galega, o exame tamén era sinxelo, síguese atragantando eso de letra, sílaba e palabra, e o profe dixo que a próxima semana vaino preguntar todos os días por escrito. Por certo, as notas non foron malas...Pero tampouco espectaculares.

Boa fin de semana a tod@s!

Examen de Inglés

Atención!! 
 El equipo de investigación de 4ºB ha accedido a los archivos del profe Esteban y ha conseguido las preguntas del examen del próximo jueves, son las siguientes:

1. Traducir frases de cuentos, canciones...(tema 1)
2. Vocabulario de la página 10 (Pupil´s book, recuadro amarillo)
3. Verbo TO BE (afirmativo, negativo, interrogativo)
4. Partes del colegio
5. Asignaturas y días de la semana
6. Corregir errores en frases
7. Ordenar frases
8. Responder con yes, he is/ yes, she is/ no, he isn´t/ no, she isn´t
9. Colocar cada palabra en su grupo
10. Crucigrama con vocabulario del tema 1.

6 oct 2011

Tarefas do 6 de outubro

Matemáticas: rematar as páxinas 32 e 33
Lengua e lingua: non hai deberes, hai que aproveitar para estudar
Coñecemento do medio: exame
Inglés: exercicios da pizarra (preparar o exame)

Si quieres practicar las tildes en las palabras agudas, pulsa aquí.

Xoves, 6 de outubro de 2011

Despois do mal día que tivemos onte comezamos o día con propósito de enmenda e intentamos traballar moito en matemáticas.
Explicamos as propiedades conmutativa e asociativa da suma, algo que xa viramos no curso pasado pero que tiñamos un pouco esquecido.

Despois baixamos a Educación Física, e claro, atopámonos co sarxento de ferro en forma de profe...Desta seguro que escarmentamos.

Logo o profe Esteban deunos as preguntas do exame de inglés do próximo xoves, temos unha semana enteira para preparalo, como non aprobemos é para darnos unha patada no...

E Lengua tocou ditado, estamos prestando moita atención ás palabras agudas, graves e esdrúxulas e saber cando lles temos que poñer til.

Rematamos co Mandala en plástica, agora toca estudar para os exames que veñen.

5 oct 2011

Tarefas do 5 de outubro

Noticia! Non hai tarefas!!
Mellor dito, non hai tarefas escritas. O venres hai exame de Coñecemento do Medio e convén estudar xa. A semana que ven tócalle a inglés, así que mans á obra.

Para practicar as sílabas tónicas e átonas, preme aquí

4 oct 2011

Tarefas do 4 de outubro

Matemáticas: rematar as restas e a proba

Lengua:2 ejercicios

Inglés: El jueves 13 hay examen

Coñecemento:

Lingua: mañana hay examen, repasar todo lo visto en clase.

Para relaxarvos ao rematar, déixovos este enlace para que practiquedes algo de mates:
http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=matematicas-01-cifras&l=es

Preme no enlace e accede, tes un pouco de todo!

Martes, 4 de outubro

O día comezou ben, con Educación Física, traballamos a resistencia e sobre todo, a respiración.

Cando non respiramos foi en matemáticas, repasamos os términos da suma e da resta e fixemos unhas cantas, algún non rematou e leva tarefas para casa.

En inglés o día foi mellor ca onte, o profe saiu máis contento, iso si, despois de poñer unhas cantas multas.

En lengua seguimos traballando coas palabras, separando sílabas, buscando a sílaba tónica, poñendo tiles....

O día rematou con coñecemento do medio, era última hora e claro, Juncal saiu da clase cos pelos de punta polo inquedos que estivemos.

Mañá nos portaremos mellor, prometémolo.

3 oct 2011

Tarefas, 3 de outubro

Matemáticas: rematar as sumas e restas (a maioría da clase terminou no cole as tarefas)

Lengua Española: rematar os 4 exercicios relacionados coas letras, sílabas e palabras.

Lingua Galega: rematar os exercicios da clase (1 e 2 da páx. 26) e clasificar as palabras polo número de sílabas e estudar, o mércores toca exame!!!!

Inglés: non hai tarefas


Ademais podo entrar neste enlace para practicar o cálculo mental:


http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/calculo_m/calculomental_p_p.html

É moi divertido, a ver se rompes o cronómetro!! Despois escribe en comentarios o tempo que tardaches, non te esquezas de poñer o teu nome no comentario.

3 de outubro

Comezamos o noso diario, hoxe, 3 de outubro. Empezamos a mañá cun montón de papeis; por un lado déronnos as instruccións para emplear o blog, por outro tocounos cobrar os 600 € mensuais...ah! E tamén nos deron os exames de matemáticas, as notas en xeral foron bastante boas, a ver que opinan os nosos pais cando os teñan que firmar.
Despois tocou traballar algo en matemáticas, e como xa rematamos o tema dos números empezamos coa suma e coa resta. O máis importante é colocar ben as cifras!! Mira que nos insistiu neso o profe!
Seguimos con Lengua Castellana, e outra vez que si letra, sílaba, palabra...parece mentira, pero estanos a costar moito diferenciar unhas de outras.
En inglés o profe Esteban correxiu o tema 1, pero como estivemos a falar todo o tempo creo que non nos enteramos, certamente hoxe non nos portamos ben con el.
Para rematar, lingua galega, e dalle que te pego outra vez coas sílabas e as palabras...o mellor de todo é que ao fina do día parece que xa quedou claro.