27 oct 2011

27 de outubro

Vaia día máis guai tivemos hoxe!!

A cousa comezou un pouco torcida porque o profe volveuse tolo...deunos 60 problemas de matemáticas!!!!
Iso si, eran ben fáciles.

Depois baixamos a Roland Garros, bo, a Educación Física. Xogamos grandes partidos de tenis. Incluso hai imaxes e vídeos!!
Preme na foto para ver o álbum

O día continuou con inglés, aí andamos cos verbos dalle que te pego.
Despois do recreo tocou ese exame tan fácil de Lengua, que ao final non foi tan fácil porque poñemos cada cousa...

E o día rematou en Plástica facendo as pelotas de malabares. Xa rematamos e agora toca aprender a manexalas. Iso será a vindeira semana e será en Educación Física. A ver se pasa rápido o tempo.
Para ver o álbum preme na foto

1 comentario:

mary dijo...

que guapas salieron las dos super amigas...........