11 oct 2011

Martes, 11 de outubro

Hoxe comezamos polo final, a última hora tivemos Coñecemento do Medio. Recibimos a nota do exame e...13 suspensos e 7 aprobados, agora que estamos coas sílabas podemos dicir que é IN-AD-MI-SI-BLE. Temos que poñernos a pilas xa. Esperemos que sirva de aviso e a que partir de agora as cousas melloren.

Antes de recibir esta nova tivemos un día bastante bo; en matemáticas seguimos coas operacións combinadas e a maiores traballamos as estimacións de sumas e restas.

En Lengua, ademais de traballar a oración estivemos aprendendo a estudar. O profe ensinounos a subliñar, a buscar as palabras máis importantes, e remarcar os títulos...Di que así nos será máis sinxelo.

En Inglés seguimos preparando o exame, o xoves é o gran día e esperamos non fallar.

Non me esquezo, tamén houbo EF, pero como había unha concentración cunha pancarta, pais na porta, o profe sacando fotos...tivemos unha sesión tranquiliña e eleximos os xogos que queriamos facer. Molou.

No hay comentarios: