20 oct 2011

20 de outubro de 2011

Comezamos este novo días coas notas de Matemáticas; e coma sempre, hainas para todos os gustos. O profe dixo que imos seguir traballando a mesma materia porque non lle parece normal que suspenderamos 10 alumnos. Así que outras dúas semanas facendo sumas e restas...

En Educación Física traballamos cos bancos suecos, o que máis nos gustou foi o xogo dos "cazabolboretas", aínda que o de carretar a outro nos bancos tamén estivo ben.

En inglés comezamos co verbo To have got, temos que estudialo desde o primeiro día.

En Lengua continuamos cos tiles e coa oración, un día máis, a clave estaba no verbo.

E acabamos o día con Plástica, fixemos bólas para malabares con globos e arroz, deixamos algunha imaxe do proceso.
Na sesión da próxima semana faremos fotos de cada un dos pasos que temos que seguir para facer as bólas


1 comentario:

mar dijo...

hola soi mar y me gusto mucho el juegos