28 oct 2011

28 de outubro

Para nós, facer un power point xa non é ningún segredo e iso é grazas a Tino, o profe de informática co que cada venres comezamos o día. Estamos elaborando un sobre a Festa do Marisco e está a quedar moi ben.

A segundo hora tivemos matemáticas, seguimos facendo problemas de sumas e restas. O profe dixo que o vindeiro venres hai exame e despois comezaremos coa multiplicación.

A terceira hora tocounos clase co Excmo. Sr. Director; Alfonso. Seguimos traballando coa frauta, para desgraza dos nosos pais.

O día rematou con Lingua, onde rematamos o concurso "E ti, a que lle tes medo?" e fixemos unha páxina de repaso.

Hoxe non hai fotos nin vídeos, pero tampouco foi mal día.

1 comentario:

Miriam dijo...

profe y los deberes do hoy del 28?