24 oct 2011

24 de outubro de 2011

Tras a fin de semana pouco cambiaron as cousas; tarefas sen facer, olvido da mochila viaxeira, olvido de libreta... Sempre dicimos que será o último día que pasará pero esta hstoria parece non ter fin.

Comezamos en matemáticas repasando a propiedade conmutativa, a estimación de resultados e as restas con levadas. Algún que non rematou leva tarefas para casa.

Seguimos en Lengua facendo un xogo moi chulo; o profe escribía no encerado unha oración e despois a "destripabamos", primeiro lle quitamos o verbo, despois o suxeito e ao final o predicado. Ao final construimos oracións novas con cada unha desas partes.

A terceira hora non tivemos inglés, baixamos ao ximnasio a unha sesión de contacontos con Mario Tomás. Pasámolo moi ben, era moi simpático e as historias moi entretidas.


Acabamos en Lingua, traballamos os sinónimos e os antónimos, é moi fácil, non creo que nos equivoquemos no exame.

2 comentarios:

Miriam dijo...

O da biblioteca foi moi divertida.n Despois reunimonos no xignasio é hai estaba Mario Tomás e contounos un conto moi entre tenido e moi interesante.

luly dijo...

Miriam no es divertida es divertido.
Y me perdi todo el Lunes.