26 dic 2011

Boas!!

Moi boas a tod@s!
Que tal se portou Papá Noel? Supoño que valoraría o bos rapaces que sodes e traería unha chea de cousas.
Hoxe é o primeiro día que debiades facer os "deberes". Por si acaso a algún lle pareceu pouco traballo póñovos a continuación un exercicio de comprensión lectora e redacción.
Premede no enlace e accederedes á actividade:
http://www.aplicaciones.info/redaccion/reda11.htm

21 dic 2011

Chegaron as vacacións

Parabéns para aqueles que obtivéstedes uns bos resultados e moito ánimo e forza para aqueles que levastes unha decepción. Tanto uns coma outros, recargade as pilas porque o nivel de esixencia do segundo trimestre ten que ser maior.
Hoxe disfrutamos dun día de celebracións que comezou coa conversión nun auténtico cine da nosa aula, onde vimos Scooby Doo.










Logo baixamos xunto aos Reis Magos, premede na imaxe para ver máis fotos.
Por último disfrutamos no festival de Panxoliñas, para ver os vídeos e as fotos, debdes ir á web do cole.

Sen máis, desexarvos de corazón que pasedes un BO NADAL e que Papá Noel se porte ben convosco.
O luns darei sinais de vida aquí, no noso blog.

20 dic 2011

Organización do mércores 21 de decembro

Boas!!
Remata o primeiro trimestre (por fin!!), pero antes de marcharnos de vacacións temos que organizar o último día.
O plan é o seguinte:
9h: Horario habitual de entrada, traballaremos uns 50 minutos -non tedes que traer mochila-
9:50h a 11:30h: Visionado dunha película. Importante: as bebidas corren a cargo dos profes, pero vós debedes traer as "palomitas" ou calquera outra chuche que vos guste para ver a peli.
Quero aclarar que mañá o recreo é de 11h a 11:30h, como as previsións son de chuvia quedaremos na clase vendo a película.
11:30h a 12:45h: festival de panxoliñas no ximnasio. Lembrade que Alfonso pediu que todos trouxerades as frautas!
12:45h a 13h: Entrega dos boletíns de notas e traballo para o Nadal.
13h: visitas dos pais/nais que o desexen

20 de decembro

Foi un día moi tranquilo, nótase que mañá nos dan as vacacións.

A primeira hora xogamos moi bos partidos de balonmán, todos os equipos gañaron 4 partidos, así que foi do máis igualado.

Despois, en matemáticas, fixemos un montón de exercicios de repaso. Algún quedou para o Nadal, pero farémolos rapidamente.

En Inglés e Coñecemento tamén baixamos o ritmo de traballo, así que moi cansos non quedamos.

En Lengua preparamos a festa de mañá, non fumos quen de escoller a peli, pero seguro que a que vexamos nos vai gustar.

Por suposto, non hai tarefas

19 dic 2011

El Cuentacuentos

Non é un xogo, pero podedes pasar un rato moi agradable coas  historias que podedes atopar neste enlace.

http://www.terra.es/personal/kokopaco/home.html

19 de decembro

Matemáticas: fixemos fichas de repaso das dúas primeiras unidades, as de descompoñer, ler e comparar números

Lengua: Tamén repasamos, esta vez as dúas últimas leccións.

Inglés: fixemos actividades no caderno, tiñan que ver co Nadal.

Lingua: O profe deunos o comezo dunha historia e nós tivemos que facer o final.

As tarefas de hoxe son rematar os traballos que non fixemos na clase, tanto de matemáticas como de lengua

16 dic 2011

Diario do 16 de decembro e tarefas

Informática: acabamos o power point, os mellores foron o de Ariana e o de Álex, en breve verémolos aquí publicados.

Matemáticas: correximos as tarefas e lle prestamos especial atención aos problemas

Música: ensaiamos a panxoliña que imos cantar a semana que ven no Festival de Nadal

Coñecemento: como xa rematamos a avaliación estivemos facendo algunha actividade para Plástica

Lingua: facer notas e avisos é moi sinxelo...Ou non tanto?

En canto ás tarefas, soamente hai as de Lengua para o luns, así que podemos disfrutar ben da fin de semana!

15 dic 2011

Tarefas do 15 de decembro

Temos que rematar as páxinas 72 e 73 de matemáticas para mañá. As novas multas son elevadas, así que nos convén facelas.

As tarefas de Lengua son para o luns, temos que facer as fichas que pegamos na libreta.

15 de decembro

Matemáticas: tivemos que facer as páxinas 72 e 73 do libro, son de repaso e non teñen gran dificultade.



Educación Física: organizamos partidos de balonmán empregando todo o ximnasio, nas imaxes podemos ver que todo o mundo participou activamente










Inglés: hoxe non veu o profe Esteban, estivemos con Marcos, o profe de Ed. Infantil, que nos deu unha ficha para facer na clase.


Lectura e Lengua: baixamos á Biblioteca para ler e coller libros emprestados, despois subimos a clase e pegamos novas fotocopias na libreta para traballar.


Plástica: estivemos facendo un debuxo con temática exipcia para o calendario do colexio. A profe Juncal trouxo unhas fotos nosas para que aparezan no debuxo. ¡A ver como queda!

14 dic 2011

Diario do 14 de decembro e tarefas

Lengua: traballamos con exercicios de repaso, polo visto mañá tamén será así.

Coñecemento: soubemos as notas do exame, e foron moi malas. Temos que traballar moito máis nesta asignatura.

Francés: xa temos a panxoliña dominada, o vindeiro mércores a representaremos.

E o día tivo un final agradable, xa que recibimos a visita do mago Cali, gustounos moito a actuación, aquí están algúns dos mellores momentos: (se premes na imaxe irás ao álbum completo)

13 dic 2011

A jugar resolviendo problemas!


Diario do 13 de decembro e tarefas

Empezamos o día dándolle duro ao balonmán (ou algo parecido), e como nos gustou o tempo pasou voando.
De seguido subimos para traballar matemáticas, correximos as contas e logo fixemos problemas de máis dunha operación.
En Inglés estamos machacando os verbos, o profe di que son moi importantes e que non podemos cometer erros neles.
En Lengua o profe deunos os exames, ¡soamente dous suspensos! Mola! A continuación fixemos o exercicio no que máis nos equivocamos, o de acentuación. Rematamos a clase facendo un traballiño para a biblioteca, era escribir algo que lle pediriamos a Papá Noel, e non podían ser cousas materiais.
A última hora, en Coñecemento, continuamos avanzando no tema dos seres vivos.

O mellor de todo é que, igual ca onte, non hai tarefas!

12 dic 2011

Diario do 12 de decembro e tarefas

O día estivo marcado polas probas que fixemos as dúas primeiras horas coa orientadora do colexio. Despois Esteban deunos as notas do exame de inglés e repasamos os verbos máis importantes. Rematamos co exame de lengua.
En canto ás tarefas, pois non hai, nótase que estamos rematando a avaliación.

Novos acordos no Concello

O pasado venres celebrouse un fructífero pleno no que se chegou a diferentes acordos. Case todos eles fan referencia á subida das taxas das multas. Como contrapartida aprobáronse tamén "pluses" por productividade, que serán aplicados ao entregar os exames e a fin de mes se non se cometeu ningunha infracción.
 Os acordos foron os seguintes:
a) Sancións:
  1. Tarefas:
    1. Primeiro olvido.............200 €
    2. Segundo olvido............500 €
    3. Terceiro olvido.............Todos os cartos
    4. Cuarto en adiante.........suspensión de empleo e soldo durante un mes
  2. Exames:
    1. Por sacar un 4...................50€
    2. Por sacar un 3................100 €
    3. Por sacar un 2 ................200 €
    4. Menos de un 2................Todos os cartos
  3. Interrupcións:
    1. Primeira..........................500 €
    2. Segunda..........................Todos os cartos
    3. Terceira en adiante...........suspensión de empleo e soldo durante un mes
       
 b) Bonificacións ("pluses")
  1. Un mes sen esquecerse tarefas ou material................plus de 300 € no seguinte soldo
  2. Un mes sen ter interrupcións.....................................plus de 300 € no seguinte soldo
  3. Exames:
    1. Por sacar un 7................50 €
    2. Por sacar un 8..............100 €
    3. Por sacar un 9..............200 €
    4. Por sacar un 10............300 €
Este edicto entra en vigor o 12-12-11

9 dic 2011

Tarefas do 9 de decembro

Matemáticas: rematar as tarefas de clase (multiplicacións e divisións)

Preparad el examen de Lengua; diptongos, hiatos, letra, sílaba, palabra, oración, acentuación...

9 de decembro

Informática: rematamos o power point sobre a Festa do Marisco, a próxima semana subiremos o mellor.

Matemáticas: correximos as contas e fixemos divisións.

Música: xa temos a panxoliña "mallada", o día que a representemos imos deixar a todo o mundo coa boca aberta.

Coñecemento: os resultados do exame foron malísimos, a pesar de ser un exame moi sinxelo as notas non foron as esperadas.
Pero a vida segue e xa comezamos a seguinte unidade: Os seres vivos.

Lingua: cobramos e logo fixemos pleno do concello onde foron saíndo interesantes ideas para mellorar o funcionamento da clase.
Tamén falamos sobre os Dereitos Humanos, xa que mañá celébrase o seu Día Internacional.

7 dic 2011

Clases de oraciones

Aquí os va un ejercicio cortito sobre clases de oraciones

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/CUARTO/Lengua/datos/U05/03.htm

Actividades de división

Podéis pasar un buen rato con esta página, a mi me parece muy buena

http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/ladivision/ladivision_p.html

Tarefas do 7 de decembro

Lingua: facer unha fábula nun folio

Mates: as contas que puxemos o luns

7 de decembro

Lengua: corregimos las oraciones y preparamos el examen del lunes. El profe nos dio las preguntas y las hicimos en clase, como no saquemos buena nota...

Coñecemento: fixemos o exame do tema 4, a ver se as notas son boas!

Francés: estamos ensaiando a panxoliña en francés.

Lingua: traballamos sobre as fábulas, intentamos facer unha entre todos.

5 dic 2011

Mi cuerpo por dentro

 

Otro divertido juego sobre alimentación y nutrición; pasadlo bien!!

 

Tipos de alimentos

Aí tedes un xogo sobre os tipos de alimentos, penso que vos vai gustar

Tarefas do 5 de decembro

Matemáticas: dúas divisións e dúas multiplicacións
2397 : 5 =          4031 : 9 =
53477 x 209 =            16837 x 481=

Lengua: analizar dos oraciones

5 de decembro de 2011

Empezamos esta semana tan rara con tantos paróns polo medio...

Matemáticas: o profe deunos as notas do exame que fixemos o venres, non houbo moitos suspensos pero tampouco as notas foron demasiado altas. Ao rematar empezamos coa división.

Lengua: fixemos un ditado de oracións, despois as analizamos e buscamos os ditongos e os hiatos

Inglés: fixemos o exame, xa é o último antes da avalaición.

Lingua: houbo reunión do concello, chegamos a bos acordos e falamos da Constitución Española.

2 dic 2011

Otro de inglés

Otro interesante de inglés

http://elt.oup.com/student/surprise/level4/games/yesno_unit1?cc=global&selLanguage=en

Un juego de inglés

Me pareció interesante, a ver si os gusta

http://elt.oup.com/student/coolkids/coolkids4/games/sentence4-1?cc=global&selLanguage=en

2 de decembro

Informática: xa estamos coa presentación preparada, agora temos que ver cal é a que mellor quedou.

Matemáticas: fixemos o exame, o luns veremos cales foron os resultados. En principio pareceunos moi fácil.

Música: estamos a preparar unha panxoliña para o Nadal

Coñecemento: preparamos o exame que imos ter o mércores.

Lingua: correximos os exercicios pendientes e traballamos sobre as fábulas.

1 dic 2011

1 de decembro de 2011

Matemáticas: fixemos as 8 preguntas do exame de mañá, todo o mundo pensa que vai aprobar, a ver se se cumple.

Educación Física: empezamos un novo tema, o balonmán. De aquí ás vacacións de Nadal é o que imos traballar. Hoxe aprendimos a lanzar e pasar o balón.

Inglés: correximos os exercicios que tiñamos e despois -por portarnos mal- tivemos que facer unha traducción dun exercicio enteiro.

Lengua: novidade! Baixamos á biblioteca para facer lectura, despois subimos novamente á aula, esta vez para traballar as clases de oracións

Plástica: non paramos de facer traballos para o Nadal!