20 dic 2011

Organización do mércores 21 de decembro

Boas!!
Remata o primeiro trimestre (por fin!!), pero antes de marcharnos de vacacións temos que organizar o último día.
O plan é o seguinte:
9h: Horario habitual de entrada, traballaremos uns 50 minutos -non tedes que traer mochila-
9:50h a 11:30h: Visionado dunha película. Importante: as bebidas corren a cargo dos profes, pero vós debedes traer as "palomitas" ou calquera outra chuche que vos guste para ver a peli.
Quero aclarar que mañá o recreo é de 11h a 11:30h, como as previsións son de chuvia quedaremos na clase vendo a película.
11:30h a 12:45h: festival de panxoliñas no ximnasio. Lembrade que Alfonso pediu que todos trouxerades as frautas!
12:45h a 13h: Entrega dos boletíns de notas e traballo para o Nadal.
13h: visitas dos pais/nais que o desexen

No hay comentarios: