9 dic 2011

9 de decembro

Informática: rematamos o power point sobre a Festa do Marisco, a próxima semana subiremos o mellor.

Matemáticas: correximos as contas e fixemos divisións.

Música: xa temos a panxoliña "mallada", o día que a representemos imos deixar a todo o mundo coa boca aberta.

Coñecemento: os resultados do exame foron malísimos, a pesar de ser un exame moi sinxelo as notas non foron as esperadas.
Pero a vida segue e xa comezamos a seguinte unidade: Os seres vivos.

Lingua: cobramos e logo fixemos pleno do concello onde foron saíndo interesantes ideas para mellorar o funcionamento da clase.
Tamén falamos sobre os Dereitos Humanos, xa que mañá celébrase o seu Día Internacional.

No hay comentarios: