20 dic 2011

20 de decembro

Foi un día moi tranquilo, nótase que mañá nos dan as vacacións.

A primeira hora xogamos moi bos partidos de balonmán, todos os equipos gañaron 4 partidos, así que foi do máis igualado.

Despois, en matemáticas, fixemos un montón de exercicios de repaso. Algún quedou para o Nadal, pero farémolos rapidamente.

En Inglés e Coñecemento tamén baixamos o ritmo de traballo, así que moi cansos non quedamos.

En Lengua preparamos a festa de mañá, non fumos quen de escoller a peli, pero seguro que a que vexamos nos vai gustar.

Por suposto, non hai tarefas

No hay comentarios: