
Educación Física: organizamos partidos de balonmán empregando todo o ximnasio, nas imaxes podemos ver que todo o mundo participou activamente

Inglés: hoxe non veu o profe Esteban, estivemos con Marcos, o profe de Ed. Infantil, que nos deu unha ficha para facer na clase.
Lectura e Lengua: baixamos á Biblioteca para ler e coller libros emprestados, despois subimos a clase e pegamos novas fotocopias na libreta para traballar. Plástica: estivemos facendo un debuxo con temática exipcia para o calendario do colexio. A profe Juncal trouxo unhas fotos nosas para que aparezan no debuxo. ¡A ver como queda!



No hay comentarios:
Publicar un comentario