30 abr 2012

Luns, 30 de abril de 2012


Matemáticas: corriximos a división e a multiplicación e despois fixemos exercicios nunha ficha para practicar as  fraccións. Para casa temos o exercicio 3 da páxina 6 das fotocopias

Lengua: corriximos os dous exercicios de deberes, fixemos un ditado e acabamos con exercicios de repaso. Temos que rematar a páxina 171


Inglés: sorpresa!! Tivemos sesión de contacontos, foi moi divertida!

Lingua: corriximos as actividades dos verbos e fixemos actividades de ortografía (verbos acabados en -ber e en -ver)

27 abr 2012

Campos semánticos

A continuación tedes unha actividade moi chula sobre os campos semánticos.
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2002/selva_lengua/campo.htm

Venres, 27 de abril de 2012



Informática
: elaboramos un cómic cos xogadores do Real Madrid e o Barça.

Matemáticas: rematamos de corrixir e explicamos os números decimais, tamén fixemos algúns exercicios de práctica. Para casa temos unha división e unha multiplicación.

Música: cantamos e tocamos dúas cancións,

Coñecemento: fixemos as preguntas do exame e estudamos.

Lingua: corriximos os exercicios dos campos semánticos e avanzamos na unidade. Esta vez estudamos os verbos (o mesmo que en castelán)

25 abr 2012

Mércores, 25 de abril de 2012


Lengua: coa pena da marcha de Luly comezamos a clase. Seguimos con actividades dos verbos para pasar despois a falar dos comics e da dramatización. As actuacións de Rodri e Adrián....mellor non comentalas.

Coñecemento: corriximos as actividades, para casa temos que facer as preguntas do exame.


Francés: corriximos a ficha do mércores pasado e practicamos os verbos.

Linguafixemos actividades de vocabulario, vimos o que son os campos semánticos e traballamos moitos nomes de aves.

24 abr 2012

Ciao, Luly!

Hoxe foi un día moi triste xa que a nosa queridísima compañeira Luly despediuse de nós. Mañá parte cara a Arxentina onde comezará unha nova vida preto dos seus avós.

Son moitos os recordos que nos quedarán dela e seguro que seguimos en contacto -a través do blog, por exemplo-. O que é seguro é que non a esqueceremos.

Estas son algunhas imaxes da pequena festa que lle fixemos.





Martes, 24 de abril

Educación Física: onte foi o día do libro e hoxe foi o día de Luly, así que foi ela quen decidiu o que fixemos. Saltamos no quitamedos, fixemos reviravoltas, xogamos ao brilé...

Matemáticas: aprendimos o que é a fracción dun número e fixemos exercicios.
Para casa temos dúas divisións e rematar ata a páxina 147.

Inglés: seguimos avanzando na unidade e traballando novos verbos. Temos tarefas para casa que o profe puxo no encerado

Lengua:non fixemos clase normal, organizamos unha pequena festa de despedida a Luly onde había chuches, globos...Tamén lle fixemos algún que outro regalo.

Coñecemento:

23 abr 2012

Luns, 23 de abril de 2012


Matemáticas: corriximos as divisións e despois explicamos como comparar fraccións. Para casa temos dúas divisións e rematar os exercicios ata a páxina 145

Lengua: explicamos o que son os verbos e fixemos exercicios relacionados con iso.


Inglés: corriximos exercicios e despois copiamos 11 exercicios do encerado. Os que non remataron teñen que facelos na casa.

Lingua: empezamos a unidade 12 facendo a lectura inicial e as actividades de comprensión lectora. Tamén elaboramos un pequeno esquema da unidade.

20 abr 2012

Venres, 20 de abril de 2012


Informática: rematamos o cómic -a maioría- e así puidemos xogar un pouquiño.

Matemáticas: o profe deunos os exames que fixemos onte, e si, aprobamos todos menos 3, pero as notas non foron para tirar cohetes tendo en conta que era repetido.
Logo empezamos cun novo tema, as fraccións. Para casa temos dúas divisións.

Música: tocamos a canción qu aprendimos a semana pasada.

Coñecemento: A profe Juncal deixounos estudar o exame de Lingua. 

Lingua: fixemos o exame da unidade 11, eran 8 preguntas bastante sinxelas.

19 abr 2012

Xoves, 19 de abril


Matemáticas:fixemos o exame de xeometría, desta volta seguro que vai moito mellor. A primeira impresión do profe é boa.

Educación Física: hoxe traballamos co quitamedos facendo reviravoltas e saltos.

Inglés: estamos preparando o exame do día 26. Temos deberes (os do encerado)


Lengua:  aprendimos o que son as palabras primitivas e derivadas; tamén o que son as familias de palabras. Despois fixemos exercicios todos xuntos.

Plástica: como non veu a profe Juncal traballamos Lengua con Quico.

18 abr 2012

Mércores 18 de abril de 2012

Lengua: empezamos ben o día xa que soamente dous alumnos suspenderon o exame de onte. As notas non foron para tirar cohetes pero polo menos aprobamos. Despois iniciamos a unidade 12, facendo a lectura e traballando sobre ela. Non hai deberes.

Coñecemento: corriximos os deberes, rematamos o resumo e fixemos a páxina 123 enteira. Temos que rematar na casa o non feito na clase.


Francés: fixemos unha ficha.

Lingua: acabamos a unidade 11 e copiamos as preguntas do exame. Acabamos facendo os exercicios das páxinas 154 e 155

17 abr 2012

Martes, 17 de abril de 2012

Matemáticas: corriximos a ficha das rectas, semirrectas e segmentos. Despois fixemos unha ficha de triángulos e cuadriláteros. O xoves repetimos o exame.
Para casa temos unha división.

Educación Vial: hoxe aprendimos a respectar os espazos públicos e que temos que colaborar ao seu mantemento. Un dos temas máis traballados foi o dos cans, que deben ter chip e teñen que estar co seu dono.

Inglés: seguimos avanzando na unidade e traballando novos verbos. Temos tarefas para casa que o profe puxo no encerado

Lengua: fixemos o exame. A maioría dos exercicios os fixemos onte no "adestramento". A ver se sacamos boa nota. Non temos deberes

Coñecemento:

16 abr 2012

Luns, 16 de abril de 2012

Matemáticas:o profe deunos os exames e estaba un pouco triste porque sacamos malas notas. Volveu explicar todo empregando o proxector con diferentes imaxes.Para comprobar se desta vez o entendemos vai repetir o exame o xoves. Para casa temos unha ficha de rectas e segmentos.

Lengua: para non levar outra decepción o profe decidiu non facer hoxe o exame e deixalo para mañá. Aproveitamos a clase para aclarar dúbidas e facer exercicios de "adestramento" do exame.


Inglés: corriximos exercicios, fixemos actividades do Activity Book e traducimos unha historia. Temos que traducir as tres primeiras viñetas na casa.

Lingua: corriximos as actividades dos pronomes, despois vimos vocabulario relacionado con peixes e acabamos traballando as familias de palabras.

13 abr 2012

Venres, 13 de abril

Informática: aprendimos a facer un cómic.

Matemáticas: fixemos o exame dos temas 9 e 10. Era facilísimo!!

Música: tocamos unha canción nova, chamada "Onde están as chaves?"

Coñecemento: recibimos as notas do exame, que outra vez foron bastante pobres. Despois fixemos exercicios da unidade e estudamos. De deberes temos os exercicios 1 e 2 da páxina 121

Lingua: avanzamos na unidade 11, vimos os pronomes  persoais. Temos que rematar na casa as páxinas 152 e 153

12 abr 2012

Xoves, 12 de abril de 2012


Matemáticas: rematamos a corrección dos deberes de Semana Santa, despois lembramos as preguntas do exame que temos mañá.
Educación Física: fixemos a última sesión de baloncesto, con partidos simultáneos en dúas canchas.

Inglés:  corriximos os exercicios que tiñamos para casa. Logo traducimos un conto do Activity Book. Para casa temos un exercicio de traducir.

Lengua:  rematamos a unidade 11 e o profe deunos as preguntas do exame que teremos o luns.

Plástica: rematamos os traballos pendientes e pintamos uns debuxos de personaxes de cómic.

EL LIBRO

Non te perdas esta trepidante historia, o final é sorprendente...

11 abr 2012

Mércores 11 de abril de 2012

Lengua: explicamos otra vez en qué consiste hacer un resumen, después corregimos el resumen que teníamos que hacer en casa. Para terminar empezamos a hacer la página 155. Tenemos que terminarla en casa.

Coñecemento: corriximos os exercicios que tiñamos de deberes, limos algo sobre a costa e a montaña e temos que facer a páxina 117 (exercicio 2), páxina 119 (1 e 2) e tamén buscar árbores no dicionario.

Francés: aprendimos palabras novas de vocabulario relacionadas co material escolar.

Matemáticas: corriximos as páxinas que había para casa, eran moitas porque eran os deberes para Semana Santa, prestamos especial atención ás que poden caer no exame do venres. Para casa temos unha división entre 3 cifras.

Y más juegos de pronombres

Haced clik en el enlace y podréis acceder a otro juego con más variantes que el anterior
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/lengua3/pronombrespersonales/indice.htm

El pronombre personal (sujeto)

Aquí tenéis una actividad para practicar los pronombres personales
http://cajondesastre.juegos.free.fr/Ejercicios/gramatica/pronombre_sujeto_1a.htm

10 abr 2012

Martes 10 de abril, volvemos ao cole!

Despois dunhas excelentes vacacións de Semana Santa chegamos de novo ao cole coas pilas cargadas.
Para ir empezando pouco a pouco o regreso á escola comezamos "lixeiro", xa que nas dúas primeiras horas tivemos Educación Física e Educación Vial.

Despois tivemos inglés e xa nos atopamos de fronte coa realidade, a volver a traballar!
Aprendimos algúns adverbios de tempo que nos serven para enlazar oracións. De feito, temos un exercicio sobre iso para casa.

Lengua: corriximos as actividades do pronome e logo aprendimos como se fai un resumo, traballamos sobre un texto relacionado cos mamíferos.
Houbo moitos que non fixeron as tarefas de lengua (150 e 151) e o profe dixo que estaría ben que as fixeran porque moitos deses exercicios irán no exame.

Coñecemento: