21 jun 2012

Xoves, 21 de xuño

Hoxe foi o último día de clase "normal", aunque diso tivo pouco xa que entre festa e festa non deu tempo a traballar. O curso está rematado e soamente queda despedilo oficialmente coa recollida de notas de mañá e o pequeno acto que faremos no ximnasio do colexio.

20 jun 2012

Mércores, 20 de xuño de 2012

Lengua: fixemos un ditado de oracións que tivemos que corrixir unha e outra vez.

Coñecemento: rematamos un traballo pendiente de Plástica


Francés: ensaiamos a canción.

Lingua: na clase de Relixión comezamos a ver As Crónicas de Narnia, e o profe nos deixou seguir véndoa.

19 jun 2012

Martes, 19 de xuño de 2012


Educación Física: como é a última semana de curso o profe déixanos escoller ao que xogar. Hoxe fumos moi orixinales e escollimos fútbol e brilé.

Matemáticas: estivemos a facer problemas de máis dunha operación.

Inglés: fixemos un "exame" dunha audición.

Lengua: pasamos a clase facendo análise morfolóxica e sintáctica de oracións.

Coñecemento:

18 jun 2012

Luns, 18 de xuño

Matemáticas:corriximos as contas e despois aprendimos a calcular unha media. Temos unha división para casa.

Lengua: vimos os tempos compostos dos verbos


Inglés: copiamos exercicios de repaso sobre os verbos

Lingua: gran clase xogando a palabras encadeadas.

15 jun 2012

Venres, 15 de xuño de 2012

Informática:última clase deste curso, Tino deixounos xogar e claro, pasámolo pipa.


Matemáticas:corriximos as fichas e fixemos máis actividades de repaso.


Música: practicamos a cantiga "Pandeirada", despois tocamos a frauta.


Coñecemento: estivemos a rematar tarefas de plástica que tiñamos pendientes.


Lingua: fixemos a lectura/representación dunha pequena obra de teatro; despois fixemos actividades relacionadas con ela.

14 jun 2012

Xoves, 14 de xuño de 2012


Matemáticas:fixemos actividades de repaso nunhas fichas mentres o profe revisaba as libretas.


Educación Física: xogamos ao volley, nótase que é un deporte bastante difícil e que require moita  práctica.

Inglés: o profe Esteban non puido vir e substituiuno Laly, que nos deu unha ficha de traballo.

Lengua: despois de corrixir os exercicios dos adverbios empezamos a dar os tempos simples dos verbos.


Plástica: Mmmmm.....Mmmmmmm...¿Comentamos ou non como nos portamos?

13 jun 2012

Mércores, 13 de xuño de 2012

Lengua: corriximos os exercicios dos adverbios e despois fixemos actividades de repaso.

Coñecemento: a profe deunos as notas do último exame e despois estivemos a facer exercicios.


Francés: copiamos unha canción e despois a cantamos.

Lingua:  o profe deunos o exame e despois falamos un bo rato sobre el, analizando os erros que cometimos e repasando cousas que traballamos ao longo de todo o curso.
Rematamos lendo unha pequena obra de teatro que viña no libro.

12 jun 2012

Martes, 12 de xuño de 2012

Educación Física: fixemos unha sesión de volleyball, con cuestións moi básicas como o saque baixo, o golpeo co antebrazo e o toque de dedos.

Matemáticas: corriximos a división e fixemos unha ficha con problemas e equivalencias de distancia e capacidade. Para casa temos que rematar unha ficha.

Inglés: sorpresón! Non tivemos inglés, tivemos sesión de Educación Vial cos Karts!! Podedes ver imaxes aquí.

Lengua: o profe deunos os apuntes de ortografía de todo o curso, lembrámolos e estudámolos. Tamén fixemos exercicios sobre os adverbios.

Coñecemento: tivemos o exame

11 jun 2012

Luns, 11 de xuño de 2012


Matemáticas:cando chegamos a clase o profe tiña a pizarra enteira escrita con explicacións. Mala sinal. Efectivamente sacamos malas notas nos exames e tocou repetir explicación e traballar sobre o mesmo.

Lengua: copiamos un esquema das clases de palabras que estudamos en cuarto, entre elas os adverbios. Despois estudamos ese esquema e repasamos galego.


Inglés: portámonos fatal e por iso nos quedamos sen parte do recreo e fixemos exercicios.

Lingua: fixemos o exame-resumo, a ver se os resultados son mellores que os de matemáticas.

8 jun 2012

Venres, 8 de xuño de 2012

Informática: xogamos porque temos todos os traballos rematados.
Matemáticas: fixemos o exame, a maioría das preguntas as fixemos onte nas actividades das fotocopias.
Música: estivemos a aprender a cantiga "Pandeirada", despois dunhas cantas gambadas a cousa empeza a saír ben.
Coñecemento: Juncal deunos as preguntas do exame e logo as fixemos na clase.
Lingua: copiamos as preguntas do exame e practicamos un poco o máis importante.


O LUNS HAI EXAME DE GALEGO!!

7 jun 2012

Xoves, 7 de xuño de 2012


Matemáticas: o profe trouxo unhas fichas para que fixeramos na clase, eran de unidades de lonxitude e problemas e dixo que exame de mañá irá por ahí.


Educación Física: outra xornada de Unihoc, equipos diferentes pero mesma emoción.

Inglés: despois de días de espera e preparación fixemos o exame.

Lengua: o profe deunos  as notas do exame e fixemos unha reflexión sobre el mirando polo miúdo os erros que cometimos, volvimos facelo na clase.


Plástica:

6 jun 2012

Mércores, 6 de xuño de 2012

Lengua: tivemos o último exame, non era difícil, pero seguro que. coma sempre, algún despiste teremos.

Coñecemento: fixemos exercicios da unidade, para casa temos os exercicios 1 e 2 da páxina 157.


Francés: volveu o profe Anxo...e volveu o traballo, aínda que foi agradable porque traballamos con cancións en francés.

Lingua:  fixemos exercicios da unidade pensando xa no exame do vindeiro luns. Eran de palabras relacionadas cos astros e cos xentilicios.

5 jun 2012

Actividades para practicar el examen de Lengua

http://reglasdeortografia.com/b05a.html

http://platea.pntic.mec.es/~fbellon/orto/regla.htm

http://reglasdeortografia.com/g03a.html

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3276

Martes, 5 de xuño de 2012


Educación Física: dividimos o ximnasio en tres campos para xogar ao Unihoc, os partidos foron igualados se desenvolveron sen problemas.

Matemáticas: fixemos exercicios de unidades de lonxitude, capacidade e masa e algún que outro problema.

Inglés: outro día de exercicios preparatorios para o exame do xoves, temos que rematar na casa os que non terminamos na clase.

Lengua: como non recordabamos ben como se facía a análise das oración fixemos unha para lembralo. Despois fixemos as actividades da última páxina da unidade, a 196. Os que a teñan ben feita mañá, terán un punto máis no exame.

Coñecemento:

4 jun 2012

Luns, 4 de xuño de 2012


Matemáticas:corriximos a división e despois adicamos o tempo a facer problemas e resolvelos con tempo e razoando as operacións que tiñamos que facer. Non hai deberes

Lengua: copiamos as preguntas do exame e despois corriximos os exercicios sobre os verbos. Acabamos explicando o que é "explicar", curiososo, verdade?


Inglés: estamos a preparar o exame facendo exercicios similares aos que faremos.

Lingua: corriximos o traballo pendiente (era de repaso) e comezamos unha nova unidade -a última que entrará no exame-.

1 jun 2012

Xogos de unidades de medida

http://ntic.educacion.es/w3/recursos/primaria/matematicas/pesomasa/index.html: peso e masa
 
http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/medidas/longitud/longitud.html
Medidas de lonxitude

Xogo de "b" e "v"

Xa o fixemos nalgunha ocasión, pero agora que vimos máis normas sobre o "b" e o "v" seguro que o dominades máis:

http://www.supersaber.com/carreraBV.htm

Venres, 1 de xuño


Informática: igual que a semana pasada, moitos de nós puidemos xogar porque xa rematamos o traballo, moooooooola!!

Matemáticas: corriximos as actividades do final da unidade prestando especial atención aos problemas. Para casa temos unha división.

Música: estivemos a aprender a cantiga "Pandeirada", despois dunhas cantas gambadas a cousa empeza a saír ben.

Coñecemento: comezamos a ver unha peli, pero como non nos gustaba moito deixamos de vela e comezamos a facer deberes. Para casa temos que facer o resumo e o esquema.

Lingua: iamos facer a lectura da unidade 14, pero como estabamos faladores de máis o profe mandounos facer a páxina 187 enteira.