30 nov 2011

Multiplica jugando a la oca

Haz clic encima del título y pasa un buen rato

http://ntic.educacion.es//w3/eos/MaterialesEducativos/mem2005/oca/oca/portada_content.html

Tarefas do 30 de novembro

Matemáticas: as de onte, as contas e rematar os exercicios

Lengua:estudar, por favor, os ditongos e os hiatos

Lingua: páxina 75 (2, 3, 4, 5 e 6)

Coñecemento: estudar para o exame do día 7

30 de novembro

Lengua: correximos as tarefas, tanto  a de lectura como a de ditongos e hiatos. Algúns nenos dixeron que aínda non entendían ben iso dos ditongos, así que volta a empezar e volver a explicar. Como o tempo se botou enriba, o profe dixo que seguiría a explicación en lingua.

Coñecemento: estivemos correxindo os deberes e falando sobre a importancia do almorzo. Tamén fixamos a data do seguinte exame: 7 de decembro.

Francés: estamos practicando unha canción de Papá Noël

Lingua: acabamos a nova explicación dos ditongos e os hiatos, despois fixemos exercicios

29 nov 2011

Ortografía natural

Venga, un juego de ortografía con dibujos chulis!

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2010/ortografia_natural/index.html

Tarefas do 29 de novembro

Matemáticas: 2 multiplicaciones y terminar página 67

Lengua: ejercicio del encerado (diptongos e hiatos) y ficha de lectura

Coñecemento: página 47 (1, 2), página 49 (del 1 al 5)

29 de novembro

Educación Física: acabamos de traballar o equilibrio dunha forma espectacular! Primeiro fixemos xogos nuns círculos no chan. Logo actividades con picas, aros e "ladrillos" e rematamos voando polos aires. Mira as imaxes:






Matemáticas: fixemos os problemas da páxina 67, os que non remataron teñen que facelo na casa, ademais de dúas contas de multiplicar. O exame ao final vai ser o venres, así podemos preparalo mellor o xoves.

Inglés: xa quedan poucas clases para o exame así que os exercicios que estamos a facer (audicións, activity book...) son moi importantes para aprobalo.

Lengua: despois de facer o "miniexame" de ditongos e hiatos insistimos con exercicios sobre este tema, A vindeira semana imos repetir o exame, a ver se sae mellor.

Coñecemento: correximos as tarefas e seguimos avanzando no tema dos alimentos

28 nov 2011

Tarefas do 28 de novembro

Matemáticas: 2 contas de multiplicar

Lengua: estudiar diptongos e hiatos

Coñecemento: páxina 43 (1 e 2), páxina 45 (1)

Inglés: exercicios do encerado

Para terminar, un juego de ortografía:

http://ntic.educacion.es//w3/eos/MaterialesEducativos/mem2005/ejercicios_ortografia/index.htm

28 de novembro

Matemáticas: multiplicacións e máis multiplicacións...Correximos todos exercicios que tiñamos pendientes, o profe estivo espléndido e repartiu cartos entre todos aqueles que tiñan ben feitos os exercicios

Lengua: recibimos as notas do exame, e como xa avisara o profe, non foron demasiado boas. Así que toca seguir traballando, e para iso fixemos un ditado e logo buscamos nel os ditongos e os hiatos.

Inglés: o vindeiro luns temos o exame, así que estamos a preparalo, facendo exercicios dos verbos que imos ter no exame.

Lingua: pegámoslle un repaso ás palabras homófonas e ás polisémicas, facendo oracións e escribirndo o que era correcto en cada caso.

25 nov 2011

Tarefas do 25 de novembro

Matemáticas: rematar os exercicios das páxinas 66 (o 1, 2, 4 e 7)
Coñecemento:

A maiores, lembrade que acabades de facer bastante mal o exame de lengua, así que repasade os apuntes.
Por outra parte, insistide coas táboas de multiplicar, non pode ser que a estas alturas aínda teñamos inseguridade con este tema.

25 de novembro

Informática: estamos a piques de rematar o power point, veremos como quedan os traballos, o mellor publicarémolo aquí.

Matemáticas: seguimos coa multiplicación, hoxe vimos como facemos cando nos atopamos con ceros na multiplicación. Coma sempre, hai que estar atentos!

Música: estamos ensaiando a canción coa frauta, a base de insistir parece que xa afinamos un pouco máis

Coñecemento: vimos que grupos de alimentos existen e a súa procedencia, é un tema moi chulo.

Lingua: estivemos a falar sobre o Día contra a Violencia de Xénero, o profe dixo que era tan importante traballar isto como a gramática ou o vocabulario, escoitamos unha canción, vimos un conto e o profe explicounos a importancia da igualdade e dos pequenos xestos. Ao final tivemos un pleno ordinario do noso Concello.

24 nov 2011

To can

Entra y practica el verbo to can. Primero escucha, luego haz las actividades de más abajo

http://www.theyellowpencil.com/gramacan.html

Tarefas do 24 de novembro

Matemáticas: rematar a páxina 64
Inglés: estudiar para el examen del día 5 de diciembre

24 de novembro de 2011

Matemáticas: explicamos a propiedade distributiva, parecía un pouco complicada, pero non o é tanto. Despois estivemos facendo exercicios para practicala.

Educación Física: outra sesión de equilibrio, nesta ocasión o que máis fixemos foi traballar cos ollos pechados e á pata coxa.

Inglés: correximos as actividades pendientes e o profe deunos as preguntas do exame, na anterior ocasión foi efectivo, a ver se esta vez tamén o é.

Lengua: fixemos o exame, temos que esperar ata o luns polas notas xa que mañá non temos clase de lengua.

Plástica: rematamos unhas follas para decorar un mural sobre o outono.

23 nov 2011

A HISTORIA DE CLASE.

Hoxe na clase o que pasou foi :que o profe foi levantar a persiana e o que pasou que foi?
Rompeulle a persiana.

Examen de lengua

1. ¿Qué es un diptongo? Pon dos ejemplos
2. ¿Qué es un hiato? Pon dos ejemplos
3. ¿En qué dos casos podemos formar un diptongo? Pon dos ejemplos de cada caso
4. ¿En qué dos casos podemos formar un hiato? Pon dos ejemplos de cada caso
5, 6, 7, 8, 9 y 10: Oraciones en las que hay que hacer lo siguiente:
a) Poner las tildes cuando sea necesario
b) Decir el tipo de oración
c) Subrayar el verbo
d) Escribir el sujeto y el predicado
e) Escribir los diptongos y los hiatos que aparecen en las oraciones

Tarefas do 23 de novembro

Lengua: examen
Lingua: non hai deberes, aproveitade e estudar lengua!
Coñecemento:

23 de novembro de 2011

Bonjour ao día international de las lenguas!
Parece rara a mensaxe, pero é que os mércores temos 3 linguas...

En lengua preparamos o exame de mañá, de ditongos, hiatos, clases de oracións...
En francés cambiamos o que iamos facer xa que a conexión a internet non ía, e polo tanto fixemos exercicios.
En lingua traballamos as definicións dunha forma correcta, empregando un vocabulario "axeitado".

En coñecemento seguimos traballando a alimentación, empregando a revista do súper para elo.

22 nov 2011

Tarefas do 22 de novembro

Mates: repasar tablas
Lengua: estudiar diptongo e hiato
Inglés: acabar activity book, unit 3

No hay juego que no me da tiempo a buscarlo, lo siento

Martes, 22 de novembro de 2011

Educación Física: hoxe empezamos con moita enerxía traballando o equilibrio. Utilizamos as rodas e este foi o resultado.













Matemáticas: fixemos o "miniexame" de catro multiplicacións, cremos que a maioría foi quen de facelo ben. Ademais correximos os problemas e deunos tempo a facer algún que outro máis.

Inglés: escribimos un conto e fixemos uns exercicios.

Lengua: correximos as actividades que nos quedaban por rematar e logo estivemos traballando nunhas oracións; tiñamos que poñer de que tipo eran, separar o suxeito do predicado, buscar ditongos, hiatos, acentos ortográficos...

Coñecemento: a partir de hoxe imos saber un pouco mellor o que comemos, o motivo é que empezamos a traballar os alimentos

18 nov 2011

Tarefas do 18 de novembro

Matemáticas: exercicio 8 da páxina 55. Estudiar las tablas, el martes hay "examen" de cuatro cuentas

Lengua: acabar la página 73 y estudiar, el jueves hay examen.

Lingua: non hai deberes

Coñecemento: traer unha revista do súper o martes


18 de novembro:

Informática: estamos a piques de rematar o power point, xa somos quen de introducir imaxes, variar o tipo de letra, insertar títulos. Vai quedar moi chulo.

Matemáticas: rematamos unha páxina de exercicios, correxímola e... A facer outra! Ata o exame vai ser así: exercicios, repaso, volver a explicar as cousas nas que temos dúbidas, problemas...

Música: Seguimos preparando a canción coa frauta

Coñecemento: non imos ter exame do tema 3, así que cambiamos de temática e empezamos a traballar os alimentos.

Lingua: despois de sementar sempre se recollen os froitos, hoxe déronnos as notas do exame. O resultado xeral non é malo, pero, coma sempre, hai erros que non deberiamos ter cometido. A parte diso, traballamos a elaboración de textos.

17 nov 2011

Caza la sílaba

Dispara a las sílabas y forma palabras

http://www.genmagic.net/lengua3/silab1c.swf

17 de noviembre

Matemáticas: tensa espera ata o exame, así exercicios e máis exercicios para practicar. En calquera caso, e como di o profe, o máis importante son as táboas.

Educación Física: estamos "equilibrándonos", hoxe sobre bancos suecos, aquí quedan para recordo algunhas imaxes.



Inglés: Can, can....e non é un baile, é o verbo que estamos a traballar agora mesmo.

Lengua: el trabajo da sus frutos y el dictado de hoy no tuvo tantos problemas como de costumbre. Ah! También corregimos los ejercicios pendientes.

16 nov 2011

Repaso das tablas de multiplicar

A música está ben, a ver se o xogo tamén vos gusta

http://www.vedoque.com/juegos/tablas.swf

Tarefas do 16 de novembro

Lengua: acabar la página 73 (el que lleve más de dos ejercicios es porque vagueó en clase)

Coñecemento: ficha

Matemáticas: 2 multiplicaciones (las del martes)

16 de novembro

Lengua: hicimos parte de la página 73, que tenía unos ejercicios que nos sirvieron de entrenamiento para el examen de Lingua.

Coñecemento: rematamos o tema 3, agora toca facer un resumo e unha ficha, en breve teremos o exame.

Francés: estivemos repasando unha canción moi chula

Lingua: exame...Entre o blog e os exercicios do libro tiñamos as pistas necesarias para sacar unha boa nota.

15 nov 2011

Tarefas do 15 de novembro

ESTUDAR O EXAME DE LINGUA!!!

Matemáticas: 2 contas
Lengua: non hai deberes
Coñecemento: páxina 37, exercicios 1,2,3 e 4

15 de novembro

Educación Física: empezamos un novo tema, o equilibrio -o profe debe pensar que estamos desequilibrados- e seguiremos así as cinco próximas clases. Hoxe comprobamos algunhas posturas que nos dan máis equilibrio, ademais de comprobar que dar voltas sobre un mesmo non axuda a ter equilibrio....

Matemáticas: aproximamos produtos e fixemos problemas. Ao rematar tocou facer multiplicacións máis longas

Inglés: o profe deunos por fin as notas e é certo que foron aceptables. A seguir así!! Por outro lado, estamos con outro verbo, esta vez é o To can, e sí, podemos.

Lengua: rematados os apuntes toca facer exercicios e máis exercicios.

Coñecemento: estamos a piques de rematar o tema da reproducción, en concreto o nacemento, mira que damos problemas para saír....

14 nov 2011

Exame de Lingua Galega

1. Que son os sinónimos? Escribe un sinónimo para cada unha destas palabras.
2. Que son os antónimos? Escribe un antónimo para cada unha destas palabras.
3. Que son as palabras polisémicas? Escribe oracións nas que a seguinte palabra teña diferentes significados.
4. Que son as palabras homófonas? Completa as seguintes oracións con "ben" ou "ven"
5. Pon til nas palabras que sexa necesario e clasifícaas en agudas, graves e esdrúxulas.
6. Separa os suxeitos e os predicados nas seguintes oracións.
7. Di que clase de oracións son as seguintes.
8. Escribe un pequeno texto (presta especial atención aos puntos e ás maiúsculas)  no que........(o tema non o poño aquí, sería demasiado

Tarefas do 14 de novembro

Matemáticas: rematar os exercicios 2 e 3 (aproximacións)
Lengua: no hay deberes, así que estudiar diptongos e hiatos
Lingua: estudar, hai exame
Inglés:

14 de novembro

Matemáticas: repasamos as propiedades conmutativa e asociativa da multiplicación, logo fixemos aproximacións nas multiplicacións.

Lengua: explicamos otra ez los diptongos y los hiatos; ¡Por fin alguien se atrevió a decir que no lo entendía! Después de esta segunda explicación parece que todo está más claro. Si no así haremos una tercera explicación, o una cuarta, quinta...Siempre que alguien lo pregunte. Después hicimos ejercicios sobre esto y salieron bastante bien.

Inglés: el profe ya tiene las notas, pero no nos las dijo porque nos catigó, de todas formas, un pajarillo nos dijo que eran mejores que las del primer examen, a ver si se confirma esta noticia.

Lingua: como o mércores hai exame o profe nos dixo as preguntas. Fixemos uns exercicios que, según el, son parecidos aos que nos van caer. Os sinónimos, os antónimos, as palabras polisémicas e as homófonas son preguntas seguras.

10 nov 2011

Un juego de diptongos e hiatos

Venga, para seguir practicando. Creo que os va a gustar:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~14001074/jclic/hiatos/

Tarefas do 10 de novembro

Matemáticas: terminar los ejercicios de las propiedades conmutaiva y asociativa

Lengua: página 64

Lingua: estudar os apuntes, a vindeira semana faremos un exame

10 de novembro

Matemáticas: seguimos coa multiplicación, hoxe correximos os deberes, despois prestamos moita atención a como se resolven os problemas. Rematamos explicando as propiedades conmutativa e asociativa.

Educación Física: rematamos cos malabares. Máis de un xa é capaz de facer ben os xestos con dúas pelotas; con tres, Rodrigo, Massimo, Álex...Agora toca seguir na casa.

Inglés: fixemos o exame, non foi difícil, a algún serviulle moito o exercicio que fixemos onte no blog.

Lengua: traballamos os ditongos e os hiatos, estudando e facendo exercicios sobre iso.

Plástica: estivemos decorando unhas follas de nogueira e abelairas que logo pegaremos nunha árbore que se colocará no corredor.

9 nov 2011

Inglés: have got.

Ahí va un ejercicio del verbo to have got
http://www.theyellowpencil.com/tohavegot1.html

Tarefas do 9 de novembro

Lengua: ejercicio de diptongos
Coñecemento: páxina 35 (1 e 2)

PERO SOBRE TODO...ESTUDAR INGLÉS!!!!!
Verbos to be and to have got

9 de novembro

Empezamos o día correxindo as actividades de Lengua, quedaran pendientes de onte e tiñamos que rematar. Despois empezamos con algo novo, os ditongos e os hiatos. A explicación foi moi clara, de todas formas o profe dixo que os próximos días imos seguir dándolle voltas a este tema.

En Coñecemento hoxe soubemos as notas; onte dixérannos que sete de nós suspenderamos, e hoxe xa soubemos quen foron.
Seguimos coa reproducción e en breve teremos outra oportunidade para poder mellorar as notas.

En francés por fin todos trouxemos as libretas, sen tempo non era, agora soamente falta que todo o mundo estea disposto a traballar para poder aproveitar ben o tempo.

Acabamos o día con Lingua, dándolle máis voltas ás palabras homófonas e ás polisémicas, a próxima semana teremos exame, así que convén ter as cousas claras.

8 nov 2011

Juego para practicar las tablas

Este seguro que no os gusta tanto como los anteriores, pero está muy bien para practicar las tablas. Ánimo y ya veréis como en breve somos como calculadoras!!!!!!

http://www.elabueloeduca.com/aprender/matematicas/multiplicar/multiplicar.html

Tarefas do 8 de novembro

Lengua: página 70,  ejercicios 1 y 2
Lingua: estudar vocabulario
Matemáticas: página 47 (multiplicación)
Coñecemento do medio: páxina 33, exercicios 1 e 2
Inglés: estudar para o exame

8 de novembro de 2011

Educación Física: seguimos intentando facer malabares, estamos preto de conseguilo, pero falta práctica. Algúns, como Massimo, xa son capaces de facer malabares con tres boliñas.

Matemáticas: tanta táboa facemos que imos saír carpinteiros...Aprendimos a multiplicar por dúas cifras e pola unidade seguida de ceros.

Inglés: foi o último día antes do exame, o profe deunos as preguntas o luns, así que agora soamente queda que poñamos a carne no asador.

Lengua: as clases de oracións xa non son nigún segredo, están máis que dominadas.

Coñecemento: déronnos as notas do exame, sete suspensos e trece aprobados. Aínda que foi mellor que o anterior aínda estamos lonxe do que podemos dar.

7 nov 2011

Juego sobre las clases de oraciones

Clicka abajo y podrás entrar en un buen juego para practicar las clases de oraciones:

http://contenidos.proyectoagrega.es/visualizador-1/Visualizar/Visualizar.do?idioma=es&identificador=es-ar_2008121713_7960180&secuencia=false

Tarefas do 7 de novembro

Matemáticas: 2 contas de multiplicar
Lengua: páxina 67
Lingua: estudar
Inglés: exercicios do encerado

7 de novembro

Empezamos recibindo as notas de matemáticas, coma sempre houbo para todos os gustos. Empezamos a traballar a multiplicación, creo que durante unha tempada as táboas van ser o noso crebacabezas.

Seguimos en Lengua, correximos a páxina 59 e logo vimos os diferentes tipos de oracións, é fácil, soamente hai que aplicar o sentido común.

En inglés seguimos preparando o exame do xoves, os verbos to be e to have got antóxanse importantísimos.

Rematamos en lingua galega vendo o que son as palabras homófonas, temos que ter coidado e non confundilas coas polisémicas!

4 nov 2011

Juegos educativos matemáticos - tabla multiplicar


Tarefas do 4 de novembro

Matemáticas: estudar as táboas de multiplicar

Lingua: estudar os apuntes de vocabulario

Lengua: página 59 del libro.

Inglés: examen el día 10, estudiar los verbos

Coñecemento: páxina 31; exercicios 1, 2, 3

4 de novembro de 2011

Xa estamos outra vez de fin de semana...
Este venres comezou con informática, seguimos elaborando un power point e cada día descubrimos cousas novas.

A segunda hora fixemos o exame de matemáticas, era o mesmo que fixemos a última vez, cambiando soamente algúns números. O profe dixo que así sabería quen mellorou nestas dúas semanas de traballo.

Antes do recreo baixamos a Música, e moi mal o tivemos que facer para que chova seguido...

En Coñecemento cambiamos de tema,  agora empezamos coa reproducción, un tema máis no que o protagonista é o corpo humano

Esta semana tan curta rematou con Lingua, onde correximos os exercicios das palabras polisémicas, coas que xogamos despois facendo exercicios bastante divertidos.

3 nov 2011

Tarefas do 3 de novembro

Lengua: terminar los ejercicios de la página 59
Matemáticas: examen
Inglés: examen el día 10 de noviembre

3 de novembro de 2011

Mañá hai exame de matemáticas, e por iso hoxe fixemos exercicios moi parecidos aos que nos van poñer. Coñecendo ao profe, seguro que ata copia algún.

Despois de mates fixemos educación física, empezamos cos malabares. Non é tan sinxelo como pensabamos, pero o profe dixo que con práctica conseguiremos facer o mesmo ca el.

En inglés o profe deunos as preguntas do seguinte exame, seguimos traballando os verbos. A ver se esta vez non nos pasa como no anterior, no que nos confiamos e despois houbo 11 cates...

En Lengua fixemos unha páxina con exercicios de repaso, cando rematemos comezaremos cun asunto máis difícil, os ditongos e os hiatos.


2 nov 2011

Más agudas, llanas y esdrújulas

Me he propuesto como objetivo principal que aprendáis a poner correctamente las tildes y no pienso parar hasta que lo consiga. Así que toca ponerse el mono de trabajo y hacer ejercicios. Os dejo otro enlace muy chulo sobre el tema. Contadme si os ha gustado

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos%20edebe/lengua/10_12_2/flash.htm?numrecurso=2

Tarefas do 2 de novembro

Lengua: exercicio de acentuación
Lingua: rematar tarefas
Matemáticas: rematar os problemas
Coñecemento: non hai
Inglés: non hai

2 de novembro

Que pereza volver despois desta ponte...
Para desperezarnos o profe repartiu os exames de Lengua nada máis chegar. As notas non estiveron mal, pero todos tivemos algún que outro erro grande. Fixemos na clase os exercicios nos que máis equivocacións tivemos e parece que aclaramos algo as dúbidas.

Despois tivemos o tan anunciado exame de Coñecemento que, coma sempre, non foi nin fácil nin difícil. Todos os exercicios estaban feitos na clase, xa veremos as notas...

Logo tivemos francés, é a única clase á semana e sempre aprendemos algunha palabra nova. A pronunciación non é doada, así que hai que prestar atención para non equivocarse.

O día rematou con Lingua, correximos os exercicios da páxina 47 e logo aprendimos o que son as palabras polisémicas.