15 nov 2011

15 de novembro

Educación Física: empezamos un novo tema, o equilibrio -o profe debe pensar que estamos desequilibrados- e seguiremos así as cinco próximas clases. Hoxe comprobamos algunhas posturas que nos dan máis equilibrio, ademais de comprobar que dar voltas sobre un mesmo non axuda a ter equilibrio....

Matemáticas: aproximamos produtos e fixemos problemas. Ao rematar tocou facer multiplicacións máis longas

Inglés: o profe deunos por fin as notas e é certo que foron aceptables. A seguir así!! Por outro lado, estamos con outro verbo, esta vez é o To can, e sí, podemos.

Lengua: rematados os apuntes toca facer exercicios e máis exercicios.

Coñecemento: estamos a piques de rematar o tema da reproducción, en concreto o nacemento, mira que damos problemas para saír....

No hay comentarios: