9 nov 2011

9 de novembro

Empezamos o día correxindo as actividades de Lengua, quedaran pendientes de onte e tiñamos que rematar. Despois empezamos con algo novo, os ditongos e os hiatos. A explicación foi moi clara, de todas formas o profe dixo que os próximos días imos seguir dándolle voltas a este tema.

En Coñecemento hoxe soubemos as notas; onte dixérannos que sete de nós suspenderamos, e hoxe xa soubemos quen foron.
Seguimos coa reproducción e en breve teremos outra oportunidade para poder mellorar as notas.

En francés por fin todos trouxemos as libretas, sen tempo non era, agora soamente falta que todo o mundo estea disposto a traballar para poder aproveitar ben o tempo.

Acabamos o día con Lingua, dándolle máis voltas ás palabras homófonas e ás polisémicas, a próxima semana teremos exame, así que convén ter as cousas claras.

No hay comentarios: