10 nov 2011

10 de novembro

Matemáticas: seguimos coa multiplicación, hoxe correximos os deberes, despois prestamos moita atención a como se resolven os problemas. Rematamos explicando as propiedades conmutativa e asociativa.

Educación Física: rematamos cos malabares. Máis de un xa é capaz de facer ben os xestos con dúas pelotas; con tres, Rodrigo, Massimo, Álex...Agora toca seguir na casa.

Inglés: fixemos o exame, non foi difícil, a algún serviulle moito o exercicio que fixemos onte no blog.

Lengua: traballamos os ditongos e os hiatos, estudando e facendo exercicios sobre iso.

Plástica: estivemos decorando unhas follas de nogueira e abelairas que logo pegaremos nunha árbore que se colocará no corredor.

2 comentarios:

Ari dijo...

profe en lengua pusiste "ditongod" en vez de diptongos.

Manu dijo...

Ari, o comentario está escrito en galego, polo tanto é "ditongo". Sucede o mesmo que cos "ditados" -galego- ou os "dictados" -castelán-