2 nov 2011

2 de novembro

Que pereza volver despois desta ponte...
Para desperezarnos o profe repartiu os exames de Lengua nada máis chegar. As notas non estiveron mal, pero todos tivemos algún que outro erro grande. Fixemos na clase os exercicios nos que máis equivocacións tivemos e parece que aclaramos algo as dúbidas.

Despois tivemos o tan anunciado exame de Coñecemento que, coma sempre, non foi nin fácil nin difícil. Todos os exercicios estaban feitos na clase, xa veremos as notas...

Logo tivemos francés, é a única clase á semana e sempre aprendemos algunha palabra nova. A pronunciación non é doada, así que hai que prestar atención para non equivocarse.

O día rematou con Lingua, correximos os exercicios da páxina 47 e logo aprendimos o que son as palabras polisémicas.

No hay comentarios: