7 nov 2011

7 de novembro

Empezamos recibindo as notas de matemáticas, coma sempre houbo para todos os gustos. Empezamos a traballar a multiplicación, creo que durante unha tempada as táboas van ser o noso crebacabezas.

Seguimos en Lengua, correximos a páxina 59 e logo vimos os diferentes tipos de oracións, é fácil, soamente hai que aplicar o sentido común.

En inglés seguimos preparando o exame do xoves, os verbos to be e to have got antóxanse importantísimos.

Rematamos en lingua galega vendo o que son as palabras homófonas, temos que ter coidado e non confundilas coas polisémicas!

No hay comentarios: