25 nov 2011

25 de novembro

Informática: estamos a piques de rematar o power point, veremos como quedan os traballos, o mellor publicarémolo aquí.

Matemáticas: seguimos coa multiplicación, hoxe vimos como facemos cando nos atopamos con ceros na multiplicación. Coma sempre, hai que estar atentos!

Música: estamos ensaiando a canción coa frauta, a base de insistir parece que xa afinamos un pouco máis

Coñecemento: vimos que grupos de alimentos existen e a súa procedencia, é un tema moi chulo.

Lingua: estivemos a falar sobre o Día contra a Violencia de Xénero, o profe dixo que era tan importante traballar isto como a gramática ou o vocabulario, escoitamos unha canción, vimos un conto e o profe explicounos a importancia da igualdade e dos pequenos xestos. Ao final tivemos un pleno ordinario do noso Concello.

3 comentarios:

Miriam dijo...

Lo que más me gusto de este día fue cuando estuvimos en coñecemento.

Ari dijo...

A mi informática para jugar a friv

Miriam dijo...

Si la verdad es que ese juego esta muy chulo.