16 abr 2012

Luns, 16 de abril de 2012

Matemáticas:o profe deunos os exames e estaba un pouco triste porque sacamos malas notas. Volveu explicar todo empregando o proxector con diferentes imaxes.Para comprobar se desta vez o entendemos vai repetir o exame o xoves. Para casa temos unha ficha de rectas e segmentos.

Lengua: para non levar outra decepción o profe decidiu non facer hoxe o exame e deixalo para mañá. Aproveitamos a clase para aclarar dúbidas e facer exercicios de "adestramento" do exame.


Inglés: corriximos exercicios, fixemos actividades do Activity Book e traducimos unha historia. Temos que traducir as tres primeiras viñetas na casa.

Lingua: corriximos as actividades dos pronomes, despois vimos vocabulario relacionado con peixes e acabamos traballando as familias de palabras.

No hay comentarios: