13 dic 2011

Diario do 13 de decembro e tarefas

Empezamos o día dándolle duro ao balonmán (ou algo parecido), e como nos gustou o tempo pasou voando.
De seguido subimos para traballar matemáticas, correximos as contas e logo fixemos problemas de máis dunha operación.
En Inglés estamos machacando os verbos, o profe di que son moi importantes e que non podemos cometer erros neles.
En Lengua o profe deunos os exames, ¡soamente dous suspensos! Mola! A continuación fixemos o exercicio no que máis nos equivocamos, o de acentuación. Rematamos a clase facendo un traballiño para a biblioteca, era escribir algo que lle pediriamos a Papá Noel, e non podían ser cousas materiais.
A última hora, en Coñecemento, continuamos avanzando no tema dos seres vivos.

O mellor de todo é que, igual ca onte, non hai tarefas!

1 comentario:

Ari dijo...

Profe si que hay deberes los de coñecemento la pájina 61 el eje 2.3.4.5.6.