14 oct 2011

14 de outubro

Xa estamos outra vez de fin de semana...Pero antes imos contar o que fixemos hoxe no cole.
En Informática estivemos facendo outra ficha de traballo. Aprendimos que en word hai unha aplicación que permite facer títulos con letras moi chulas.

Despois en matemáticas seguimos facendo exercicios a un ritmo frenético, mentres o profe pasou polas mesas para correxir os de onte nós seguimos traballando duro. A semana que ven temos exame e hai que sacar boa nota!

Baixamos a Música e afinamos as frautas coa arte que nos caracteriza, estamos practicando unha bonita canción.....da que non sabemos o nome.

Logo tivemos Coñecemento do Medio, empezamos un novo tema e despois das notas do exame seguro que imos poñer máis interés para que non se volva repetir.

Acabamos o día en Lingua; fixemos unha "exposición". Co que aprendimos esta semana sobre as oracións agora intentamos redactar textos pequenos de forma clara e ordeada.

3 comentarios:

luly dijo...

Ya sei onde estai o fallo que voa vai con v

luly dijo...

E tamen que despois de puntos suspensibos bai maiuscula.

Manu dijo...

Luly!!!! Boa é con "b",pero, efectivamente, despois de puntos suspensivos debemos empregar maiúsculas.
100 euros para ti! Parabéns!