3 oct 2011

3 de outubro

Comezamos o noso diario, hoxe, 3 de outubro. Empezamos a mañá cun montón de papeis; por un lado déronnos as instruccións para emplear o blog, por outro tocounos cobrar os 600 € mensuais...ah! E tamén nos deron os exames de matemáticas, as notas en xeral foron bastante boas, a ver que opinan os nosos pais cando os teñan que firmar.
Despois tocou traballar algo en matemáticas, e como xa rematamos o tema dos números empezamos coa suma e coa resta. O máis importante é colocar ben as cifras!! Mira que nos insistiu neso o profe!
Seguimos con Lengua Castellana, e outra vez que si letra, sílaba, palabra...parece mentira, pero estanos a costar moito diferenciar unhas de outras.
En inglés o profe Esteban correxiu o tema 1, pero como estivemos a falar todo o tempo creo que non nos enteramos, certamente hoxe non nos portamos ben con el.
Para rematar, lingua galega, e dalle que te pego outra vez coas sílabas e as palabras...o mellor de todo é que ao fina do día parece que xa quedou claro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias Manu por haber puesto en marcha el blog.