10 oct 2011

Luns, 10 de outubro

Comezamos outra semana, e comezámola ben, traballando duro.

En mates correximos as tarefas pendentes de operacións combinadas, e o profe revisou as libretas, díxonos como temos que facer para que estean máis limpas e ordeadas. Repite moito iso de que temos que coller gusto por facer ben as cousas.

En lengua pegamos novos apuntes na libreta, son de gramática e corresponden a toda esta avaliación. Dimos un pasiño máis e despois das letras, sílabas e palabras medramos ata as oracións.

En inglés, SOAMENTE 5 ALUMNOS/AS trouxemos as tarefas...non é unha boa forma de comezar a preparar un exame, a ver se hoxe reaccionamos e facemos os 2 exercicios que temos.

A última hora do día foi de lingua, fixemos un ditado e despois traballamos os sinónimos e os antónimos con palabras dese ditado. Tamén nos deu tempo a seguir coas palabras agudas, graves e esdrúxulas...Xa se nos escapan menos os tiles!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Graciñas,o teu traballo é impresionante,Joaquín está motivadísimo este ano,os xogos son moi divertidos e axudan a que Emi(o irmán) e Quin compartan aprendendo,así que grazas de novo