17 oct 2011

17 de outubro

Comeza semana nova, pero hai cousas que non cambian.
En Lengua seguimos co mesmo: letra, sílaba, palabra, oración...15 de 20 non soubemos contestar ao "miniexame". Mañá repetimos, a ver se nos poñemos a estudar. Ademais vimos o que son o suxeito e o predicado dunha oración.

En Matemáticas correximos moitos dos exercicios que fixemos na "maratón". Mañá hai exame e o profe dixo que vai poñer aquí as preguntas antes das catro da tarde. A ver se cumple. De todas formas, xa nos dixo na clase os exercicios do libro que máis se parecen aos do exame.

En Inglés estivemos facendo o exame na libreta, parece que as notas que se avecinan non van ser moi boas a xulgar pola cantidade de erros que cometimos. A quen se lle ocorre poñer "ai am, yu ar, xi is, ji is...."
Ás veces non pensamos moito o que escribimos.

Rematamos o día falando do que fixemos o sábado, que eran as tarefas que tiñamos en Lingua; estamos aprendendo a redactar e a cousa non vai mal de todo. Hoxe vimos outro tipo de redaccións, fixemos novas, como os xornalistas, con iso das "w". Algún seguro que xa sabe o quere ser de maior.

No hay comentarios: