25 oct 2011

25 de outubro

Martes, comezamos en Educación Física, o profe dixo que cambiamos de Unidade Didáctica e que comezamos coa "coordinación óculo manual". Non sabemos moi ben o que é, o caso é que traballamos coas raquetas de shuttleball. Nós chamámoslle tenis, que é máis fácil.

Despois subimos para traballar matemáticas, hoxe tocou repasar a propiedade asociativa e as restas con levadas. Parece que pouco a pocuo van saíndo as cousas.

En Inglés fixemos unha audición que despois tivemos que traducir.

En Lengua correximos as tarefas (tiñamos que ler un texto sobre os aboríxenes australianos) e logo traballamos as palabras llanas e as esdrúxulas.

En Coñecemento seguimos mirando cara adentro, cos aparatos circulatorio e respiratorio, correxindo todos os exercicios que tiñamos que ter feito. Por certo, á profe Juncal gustoulle moito o vídeo que colgamos no blogue.

No hay comentarios: