Matemáticas: Recibimos as notas do exame que repetimos, como non podía ser doutra forma, foron moitíííííííísimo mellores. Tamén aprendimos a sumar decimais e vimos as unidades de medida máis pequenas que o metro. Para casa temos dúas divisións.
Educación Física: o profe deunos a escoller entre ultimate e brilé, escollimos brilé e xogamos a un gran nivel.
Inglés: corriximos moitos exercicios e temos 2 máis para casa.
Lengua: hoxe tivemos unha clase especial, xa que recibimos unha charla de primeiros auxilios moi interesante, aprendimos moitas cousas e comprobamos como algunhas cousas que facemos habitualmente non están ben feitas, como limpar as feridas con alcohol ou auga osixenada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario