22 may 2012
Martes, 22 de maio de 2012
Educación Física: empregamos o freesbe para xogar ao auténtico Ultimate americano, foi divertido.
Matemáticas: rematamos os exercicios de repaso da unidade, agora soamente queda facer o exame, que será o vindeiro martes. Para casa temos unha división e rematar os exercicios da clase.
Inglés: corriximos os sete exercicios que tiñamos de deberes. Ademais, temos que facer 5 máis na casa.
Lengua: tivemos o exame, e como dixo o profe, non houbo sorpresas, as preguntas que traballamos estes días foron as que tivemos que responder.
Coñecemento: tivemos un exame de mapas.
21 may 2012
Luns, 21 de maio de 2012
Matemáticas:corriximos a división e os exercicios pendientes. Despois comezamos os exercicios de repaso porque xa rematamos a unidade. Para casa temos unha división (4796138 : 815 =)
Lengua: primeiro copiamos as preguntas do exame de mañá na libreta, despois fixemos as actividades da páxina 182, que son de repaso da unidade e nos serven para o exame.
Inglés: corriximos os deberes e copiamos máis exercicios para facer na casa.
Lingua: traballamos os tempos verbais e prestamos especial atención aos do pasado, diferenzando entre o pretérito perfecto e o imperfecto. Temos que rematar as páxinas 180 e 181.

16 may 2012
Mércores, 16 de maio de 2012
Lengua: empezamos a clase contando chistes; non, no é que estiveramos de cachondeo, senon que tocaba traballar iso, os chistes. De seguido comezamos a traballar para facer o resumo da unidade e empezar a preparar o exame que, nun principio era o martes 22 de maio, pero como coincide co de inglés o deixaremos para o luns 28 de maio.
Coñecemento: corriximos os exercicios que tiñamos para casa.
Francés: fixemos unha ficha e logo corrixímola
Lingua: coñecimos algún que outro aspecto de Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

15 may 2012
Mensaxe de Luly!!
hola que tal soy Luly, ya empecé el cole y tengo tres recreos. Jaja y como os va todo? os quiero
O primeiro de todo Luly, nós tamén te queremos un montón e nos acordamos moito de ti. As cousas melloraron un pouco, tanto as notas como o comportamento, nótase que está rematando o curso e algún ten medo...
Así que tres recreos eh? Menuda sorte, xa nos contarás as diferenzas entre os coles de Arxentina e os de España, un bico!
Martes, 15 de maio de 2012
Educación Física: como estamos na semana das Letras Galegas fixemos xogos populares: birlos, bolos, círculos concéntricos, zancos, xogos de precisión, xoaniña...
Matemáticas: hoxe traballamos as unidades que son maiores que o metro: o decámetro, o hectómetro e o quilómetro. Para casa temos que rematar as actividades das páxinas 160 e 161 e unha división.
Inglés: fixemos exercicios e corriximos o Activity Book Temos 7 exercicios para casa
Lengua: rematamos a unidade 13 vendo en que consiste elaborar instruccións e como se contan chistes.
Coñecemento: estivemos rematando o tema, facendo esquemas e repasando os mapas.

14 may 2012
Luns, 14 de maio de 2012
Matemáticas: empezamos a clase corrixindo o problema e a división. Despois traballamos polo miúdo o que son os milímetros e as súas equivalencias. Para casa temos que facer os problemas da páxina 178
Lengua: hoxe tocou pegarlle un repaso aos verbos e ver os tempos verbais principais: presente, pasado e futuro. O máis lioso é o pasado porque se pode facer de catro formas diferentes.
Inglés: queda pouco temario para ver, puxemos data para o exame da unidade 8.
Lingua: estivemos a traballar sobre os medios de comunicación e vimos como se empregan as abreviaturas e os estranxeirismos.
11 may 2012
Venres, 11 de maio de 2012
Informática: seguimos facendo cómics de futbolistas
Matemáticas: despois de corrixir as divisións traballamos coas unidades de medida, especialmente as que son máis pequenas que o metro. Para casa temos unha división e un problema.
Música: tocamos a canción e aprendimos unha nova.
Coñecemento: deunos tempo a facer un mapa nada máis porque baixamos á biblio a unha sesión de contacontos.
Lingua: en xeral (profe incluido) tiñamos moi poucas ganas de traballar, aínda así estivemos vendo diferentes partes dun xornal e como se estrutura unha noticia.

10 may 2012
Aplicación para mellorar a velocidade lectora
Premendo no seguinte enlace accederedes a unha interesantísima aplicación para mellorar a vosa velocidade lectora.
Cóntanos a túa experiencia nos comentarios!
http://cprmerida.juntaextremadura.net/cpr/velocidad_lectora/index.html
Xoves, 10 de maio de 2012
Matemáticas: Recibimos as notas do exame que repetimos, como non podía ser doutra forma, foron moitíííííííísimo mellores. Tamén aprendimos a sumar decimais e vimos as unidades de medida máis pequenas que o metro. Para casa temos dúas divisións.
Educación Física: o profe deunos a escoller entre ultimate e brilé, escollimos brilé e xogamos a un gran nivel.
Inglés: corriximos moitos exercicios e temos 2 máis para casa.
Lengua: hoxe tivemos unha clase especial, xa que recibimos unha charla de primeiros auxilios moi interesante, aprendimos moitas cousas e comprobamos como algunhas cousas que facemos habitualmente non están ben feitas, como limpar as feridas con alcohol ou auga osixenada.
Plástica:

9 may 2012
Mércores, 9 de maio de 2012
Lengua: empezamos corrixindo as actividades de ortografía dos verbos rematados en -ger e -gir. Logo aprendimos que as palabras que comezan por por geo- e gest- se escriben con "g". Na segunda parte da clase traballamos o Día de Europa con xogos no ordenador.
Coñecemento: fixemos un mapa político de España.
Francés: corriximos unha ficha na viñan as cores en francés
Lingua: recibimos as notas dos exames e despois empezamos a unidade 13 facendo a lectura do Santo dos Croques.

Día de Europa
No seguinte enlace atoparás actividades relacionadas coa celebración do Día de Europa:
8 may 2012
Martes, 8 de maio de 2012
Educación Física: xogamos ao "ultimate", un xogo de equipo moi divertido
Matemáticas: repetimos o exame de fraccións, que a bo seguro saiu moito mellor.
Inglés: estivemos a traducir contos. Temos tarefas para casa que o profe puxo no encerado
Lengua: corriximos os exercicios dos campos semánticos e na parte de ortografía vimos os verbos que se escriben con -ger e -gir.
Coñecemento: seguimos avanzando na unidade. Para casa temos os seguintes exercicios: p.133 (1 e 2) e p.137 (1)
7 may 2012
Luns, 7 de maio de 2012
Matemáticas: unha vez máis os exames foron unha decepción, as notas foron malas e cousas que diciamos que eran sinxelas non o foron tanto. Así que fixemos o exame na libreta e resolvimos as dúbidas que foron aparecendo. Mañá facemos outro exame parecido ao do venres.
Lengua: copiamos o esquema da unidade e explicamos e traballamos os campos semánticos. Para casa temos que rematar a páxina 175
Inglés: estamos comezando o tema 8, que é o último.
Educación Vial: tivemos a derradeira sesión, podemos dicir que foron moi proveitosas e necesarias.
Lingua: fixemos o exame da unidade 12, eran 10 preguntas e polos comentarios dos compañeiros/as, esta vez parece que as notas serán boas.

4 may 2012
Venres, 4 de maio
Informática: seguimos facendo cómics con caricaturas de famosos.
Matemáticas: fixemos o exame de fraccións.
Música: tocar a frauta e fixemos xogos motores de ritmo.
Coñecemento: fixemos o resumo da páxina 130 e os exercicios 1 e 2 da páxina 161. Temos que rematar na casa.
Lingua: o profe deunos os exames de Lengua, tamén copiamos as preguntas do exame do luns e fixemos a páxina 170.

3 may 2012
Xoves, 3 de maio de 2012
Matemáticas: copiamos as preguntas para o exame de mañá e fixemos exercicios parecidos aos do exame. Para casa temos dúas divisións e dúas multiplicacións, se as traemos mañá é un punto máis no exame.
Educación Física: xogamos unha gran partida de "brilé", o nivel de xogo foi altísimo.
Inglés: déronnos as notas do exame, foron moito mellores que as anteriores. Logo copiamos o exame na libreta
Lengua: fixemos o exame do tema 12 e logo limos a introducción do tema 13. Non paramos.

2 may 2012
Mércores, 2 de maio de 2012
Lengua: empezamos a sesión escribindo as preguntas do exame de mañá. Despois corriximos as actividades da páxina 171 e rematamos estudando as preguntas do exame.
Coñecemento: tivemos exame.
Francés:fixemos unha ficha na que había que relacionar e traballar os números.
Lingua: rematamos a unidade 12, fixemos exercicios de repaso.
Non hai deberes, pero temos que preparar ben o exame de Lengua!!

30 abr 2012
Luns, 30 de abril de 2012
Matemáticas: corriximos a división e a multiplicación e despois fixemos exercicios nunha ficha para practicar as fraccións. Para casa temos o exercicio 3 da páxina 6 das fotocopias
Lengua: corriximos os dous exercicios de deberes, fixemos un ditado e acabamos con exercicios de repaso. Temos que rematar a páxina 171
Inglés: sorpresa!! Tivemos sesión de contacontos, foi moi divertida!
Lingua: corriximos as actividades dos verbos e fixemos actividades de ortografía (verbos acabados en -ber e en -ver)
27 abr 2012
Campos semánticos
A continuación tedes unha actividade moi chula sobre os campos semánticos.
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2002/selva_lengua/campo.htm
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2002/selva_lengua/campo.htm
Venres, 27 de abril de 2012
Informática: elaboramos un cómic cos xogadores do Real Madrid e o Barça.
Matemáticas: rematamos de corrixir e explicamos os números decimais, tamén fixemos algúns exercicios de práctica. Para casa temos unha división e unha multiplicación.
Música: cantamos e tocamos dúas cancións,
Coñecemento: fixemos as preguntas do exame e estudamos.
Lingua: corriximos os exercicios dos campos semánticos e avanzamos na unidade. Esta vez estudamos os verbos (o mesmo que en castelán)
25 abr 2012
Mércores, 25 de abril de 2012
Lengua: coa pena da marcha de Luly comezamos a clase. Seguimos con actividades dos verbos para pasar despois a falar dos comics e da dramatización. As actuacións de Rodri e Adrián....mellor non comentalas.
Coñecemento: corriximos as actividades, para casa temos que facer as preguntas do exame.
Francés: corriximos a ficha do mércores pasado e practicamos os verbos.
Lingua: fixemos actividades de vocabulario, vimos o que son os campos semánticos e traballamos moitos nomes de aves.
24 abr 2012
Ciao, Luly!
Hoxe foi un día moi triste xa que a nosa queridísima compañeira Luly despediuse de nós. Mañá parte cara a Arxentina onde comezará unha nova vida preto dos seus avós.
Son moitos os recordos que nos quedarán dela e seguro que seguimos en contacto -a través do blog, por exemplo-. O que é seguro é que non a esqueceremos.
Estas son algunhas imaxes da pequena festa que lle fixemos.

Martes, 24 de abril
Educación Física: onte foi o día do libro e hoxe foi o día de Luly, así que foi ela quen decidiu o que fixemos. Saltamos no quitamedos, fixemos reviravoltas, xogamos ao brilé...
Matemáticas: aprendimos o que é a fracción dun número e fixemos exercicios.
Para casa temos dúas divisións e rematar ata a páxina 147.
Inglés: seguimos avanzando na unidade e traballando novos verbos. Temos tarefas para casa que o profe puxo no encerado
Lengua:non fixemos clase normal, organizamos unha pequena festa de despedida a Luly onde había chuches, globos...Tamén lle fixemos algún que outro regalo.
Coñecemento:
23 abr 2012
Luns, 23 de abril de 2012
Matemáticas: corriximos as divisións e despois explicamos como comparar fraccións. Para casa temos dúas divisións e rematar os exercicios ata a páxina 145
Lengua: explicamos o que son os verbos e fixemos exercicios relacionados con iso.
Inglés: corriximos exercicios e despois copiamos 11 exercicios do encerado. Os que non remataron teñen que facelos na casa.
Lingua: empezamos a unidade 12 facendo a lectura inicial e as actividades de comprensión lectora. Tamén elaboramos un pequeno esquema da unidade.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)