9 mar 2012

Venres, 9 de marzo de 2012

Comezamos o día felicitando a Noel, que hoxe celebra o seu aniversario.

Informática: fixemos a ficha número 7 e a 8, que trataban sobre o as comparsas no Entroido

Matemáticas: rematamos de explicar o tema das rectas, semirrectas, puntos, ángulos...Fixemos exercicios de medir ángulos, é moi fácil e resulta bastante distinto do que viñamos facendo.
De deberes temos 2 divisións e 1 exercicio.

Música: Fixemos uns exercicios do libro e aprendimos unha canción "Se che traba a donicela"

Coñecemento: hoxe foi o cumple da profe Juncal, pero non serviu de excusa para non traballar. Correximos os exercicios e mandounos facer o resumo da unidade.

Lingua: recibimos o folio para realizar a actividade "Ilustra o teu poema favorito". Máis de un seguro que escolle algún dos que traballamos esta semana. Tamén correximos as actividades dos determinantes.

No hay comentarios: