30 mar 2012

Venres, 30 de marzo de 2012

Informática: a maioría estivemos xogando porque xa rematamos os traballos, outros fixeron parte do traballo que nos encargou o profe Manu sobre organizar unha excursión.

Matemáticas: rematamos a unidade das figuras planas. Á volta de vacacións teremos exame. Para casa temos que facer ata a páxina 139.

Música: tocamos a frauta e fixemos un baile moi divertido

Coñecemento: fixemos un exame.

Lingua: o profe deunos as notas desta avaliación e falamos do que temos que facer nas vacacións e o que temos que mellorar de cara o terceiro trimestre.


Que o pasedes todos moi ben e cargade as pilas para o que queda!!

No hay comentarios: