24 feb 2012

24 de febreiro

Informática: desde hoxe imos facer unha ficha cada día para aumentar o ritmo de traballo, os que non rematen a ficha diaria teñen que perder un pouco de recreo para facela.

Matemáticas: correximos as divisións e as actividades dos reloxios. Despois traballamos as unidades de tempo máis grandes, como os meses, os  trimestres, os anos, os séculos...

Música: traballamos no caderno e despois tocamos unha canción

Coñecemento: traballamos facendo un esquema e un resumo da unidade, o martes temos exame e hai que preparalo.

Lingua: fixemos actividades relacionadas cos adxectivos, estámonos a preparar para o exame do mércores.

No hay comentarios: