31 ene 2012

31 de xaneiro (Diario e tarefas)

Educación Física: empezamos o día a pau limpo, non entendades mal, o que pasa e que estamos a traballar o Unihock, que é o irmán pequeno do hockey e temos que empregar un stick para xogar.

Matemáticas: pasiño a pasiño faise o camiño, e niso andamos, avanzando pasiño a pasiño nas divisións entre dúas cifras. A xente atrévese a preguntar as súas dúbidas e así podemos explicar mellor e solucionar os problemas.

Inglés: menuda chea de verbos que traballamos hoxe, Esteban insiste moito en que sabendo os verbos temos moito avanzado.

Lengua: despois de facer unha lectura moi interesante sobre as plantas continuamos cos prefixos, hoxe tocoulle a mono-, semi- e poli-. Levamos para casa a páxina 105

Coñecemento: xa non nos queda moito desta unidade, así non era mala cousa ir estudando para que o exame non nos colla por sorpresa.

No hay comentarios: